Nota de prensa
O BNG CUALIFICA DE “CINISMO POLÍTICO” QUE O PP PIDA AGORA APOIO NO PARLAMENTO DESPOIS DE VOTAR EN CONTRA DE INICIATIVAS DESTINADAS Á RECUPERACIÓN DO EMPREGO NA MARIÑA
O deputado Manuel Parga acusa a J.Manuel Balseiro e Enma Álvarez de tentar “enganar” aos habitantes da comarca da Mariña e lembrou que foi o BNG na Cámara galega o que avogou por acadar un compromiso do conxunto das forzas políticas parlamentarias e do Goberno galego para dar solución e alternativas aos traballares/as afectados polos EREs en Mondoñedo e Lourenzá.
Santiago de Compostela, 27 de decembro, 2011. O deputado do BNG, Manuel Parga manifesta a súa sorpresa ante as declaracións dos deputados do Partido popular, J. Manuel Balseiro e Enma López que demandan o apoio das forzas parlamentarias para sacar adiante unha iniciativa de recuperación de emprego na comarca da Mariña, “cando hai uns días votaron en contra” de iniciativas nesta dirección.
O nacionalista acusa ao Partido popular de “cinismo político” por impedir na Cámara galega unha proposta do BNG que reclamaba “medidas concretas” para a recuperación da actividade produtiva nesta comarca, “proposta que o Partido popular impediu”.
Parga lembrou que foi a Consellería de Traballo dirixida por Beatriz Mato a que autorizou o ERE da empresa Mobles Hermida e que mantivo unha “posición pasiva” ante o peche de Aglomerados Ecar.
Neste sentido, o deputado do BNG considera que o PP segue a practicar “unha eutanasia activa” con políticas de emprego ineficaces que provocaron na provincia de Lugo e Comarca da Mariña un incremento do 40% de paro e do 32% na comarca da Mariña.
Parga lembrou que nunha recente sesión plenaria acusou á deputada do Partido popular, Enma Álvarez de defender a empresa e o ERE suspensivo de Mobles Hermida, mentres o BNG, “reclamaba a paralización deste ERE e a posta en marcha dun plan destinado a consolidar e crear postos de traballo”, Plan que o Partido popular tamén rexeitou.
O deputado do BNG denuncia a falta de partidas económicas nos orzamentos para o ano 2012 destinadas a xerar emprego na Comarca da Mariña e rexeita que sexa a oposición a que esta a crear sufrimento ás familias, “o PP erra por acción e omisión”, por acción autorizando o peche de Aglomerados Ecar en Mondoñedo e en Lourenzá o ERE de Mobles Hermida elevando o desemprego e por omisión, “esquecendo nos orzamentos á Comarca da Mariña”.
O parlamentario do BNG pide que o Partido popular “rectifique” nas súas políticas de emprego e remate cunha “cerimonia de confusión” na que ninguén acredita.

















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



