Nota de prensa
Fotos de ACIA Foz, sobre a animación con pasarúas, bailes, zancudos, agasallos e sorpresas que houbo o pasado venres, 23 de decembro, en Foz gracias á Federación de Comercio de Lugo e á Asociación de Comerciantes de Foz. Nenos e maiores disfrutaron da diversidade das propostas que encheron de luz e color a vila tanto pola mañá como pola tarde.
Ademáis ACIA Foz estará presente desde mañá e ata o venres no Mercado do Ilusión, que se celebra na vila focense. Neste evento a Asociación de Comerciantes aproveitará para promocionar e potenciar a súa tarxeta de fidelización, para dar a coñecer as actividades que desenvolverá ao longo dos vindeiros meses e tamén os servizos que presta aos seus asociados. A directiva de ACIA Foz lembra que o vindeiro sábado, 31 de decembro, o comercio focense permañecerá aberto ininterumpidamente de 10 da mañá a 18:30 horas da tarde, tal e como xa aconteceu o día de noiteboa.