Nota de prensa
A DELEGACIÓN DE CULTURA DO CONCELLO DE FOZ ORGANIZA AS SEGUINTES ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA DE FIN DE ANO E ANINOVO
MERCADO DA ILUSIÓN
Por primeira vez a Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza o I MERCADO DA ILUSIÓN sito na Praza Conde de Fontao.
O mercado estará aberto de martes a venres en horários de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 h.
Durante as tardes haberá as seguintes actividades para os/as nenos/as:
– MARTES, 27 houbo ANIMACIÓN NA RÚA de 18:00 a 20:00 h.
-MÉRCORES, 28 “OBRADOIROS DE NADAL” de 18:00 a 20:00 h.
-XOVES, 29 “MAXIA E FANTASÍA” de 19:00 a 20:30 h.
CONCERTO DE PANXOLIÑAS
O Venres, 31 de decembro os/as nenos/as da Escola de Música de Foz realizarán na Avda. Da mariña ás 12:00 h. un concerto de Panxoliñas.
BAILE DE FIN DE ANO
O Concello de Foz organiza un ano mais o BAILE DE FIN DE ANO co GRUPO ATENAS na SALA BAHÍA de Foz.
A partir da 1 da mañá e o prezo da entrada é de 7€
BAILE DE ANIVO
O Domingo 1, tamén na Sala Bahía e a partir das 19:00 h. na Sala Bahía celebrarase un Baile de Aninovo co grupo OS ADRIANOS.
CABALGATA DE REIS Xoves, 5 de xaneiro ás 19:00
Ás 19:00 h. Saída da Praia da Rapadoira con percorrido polas rúas da vila ata chegar ao Belén Vivinte organizado polo Colexio do Pilar e instalado na Praza do Concello.
Ao remate haberá Churros con Chocolate e Roscón de Reis no Patio do Colexio Nº 1 que será doado polos colaboradores.
Colabora: Colexio Nosa Sra. Do Pilar, Colexio Público Nº 1, Asoc. Cultural A Subela, O Feitizo, Pastelería Anduriña, Pastelería Amarena, Pastelería Xoyma, Panadería A Fogaza, Panadería Bahía, Panificadora del Eo, Churrería Perreiras e Supermercados Gadis.
Tódalas personas que desexen colaborar na Cabalgata de Reis poderán facelos poñéndose en contacto coa Delegación de Cultura do Concello de Foz. Os nenos que desexen ir nas carrozas cos reis deberán anotarse previamente na Casa da Cultura.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



