Nota de prensa
O BNG PÍDELLE A ALFONSO FUENTE QUE DEIXE DE VENDER FUME E SE PREOCUPE POLOS PROBLEMAS DAS E DOS BARREIRENSES. PARA OS NACIONALISTAS É UN INSULTO O ANUNCIO FEITO EN PLENA CAMPAÑA ELECTORAL POLO ALCALDE SOBRE A INSTALACIÓN DUNHA EMPRESA SUECA NO CONCELLO, QUE FINALMENTE SE DECANTOU POR LUGO.
Barreiros, 12 de xaneiro de 2012. Para o BNG de Barreiros é un insulto para as veciñas e os veciños de Barreiros o anuncio feito polo Alcalde hai uns meses (na campaña electoral dos pasados comicios xerais) sobre a instalación dunha empresa sueca neste concello.
Os nacionalistas consideran que “con ese anuncio o Alcalde barreirense xogou coas necesidades da xente para crear expectativas de postos de emprego nun momento no que éste é un dos principais problemas das e dos cidadáns”. Desde o BNG basean as súas afirmacións en que “no momento en que se fixo o anuncio de que unha empresa sueca de informática se instalaría no concello de Barreiros, o propio Alcalde se encargou de deixar claro que era él quen recibía e tramitaba os curriculums, creando a obriga e a dependencia na xente de pasar polo seu despacho para poder optar a este posto.” Desde as filas nacionalistas téñense interesado por esta cuestión en diversas ocasións, de feito, preguntaron ao respecto no último pleno celebrado en Barreiros sen obter máis resposta que xeralidades e vaguedades.
A portavoz do BNG en Barreiros, Ana Ermida, pensa que “Alfonso Fuente debe sair agora a explicarlle á xente, como fixo hai tres meses, que a empresa non se instalará no noso concello, despois de ter asegurado que había un altísimo tanto por cento de posibilidades de que decidiran construir unha sucursal en Barreiros, como afirmou naquel momento. Esa firma decantóuse por Lugo e aquí só fará un curso de formación. Polo tanto, agora é o momento de deixar de facerse o sueco e de afrontar a situación e dar conta de que só vendeu fume para crear unha expectativa que non se chegou a colmar.”
Secretaria municipal
Os nacionalistas tamén se referiron á decisión da Alcaldía de manter á secretaria municipal apartada do seu posto. Ana Ermida sinlaou que “é unha situación completamente anormal que non pode manterse indefinidamente e que debería basearse nunha decisión xudicial”. Desde o BNG apuntan que “se hai algún procedemento xudicial aberto contra esta persoa, deben ser os órganos xudiciais os que determinen as medidas que se deben adoptar. E, en ningún caso, o Alcalde pode atribuirse o papel de xuíz e parte nun proceso coma éste.”
En calquera caso, para o BNG “non é de recibo que se teña apartado do seu posto a esta persoa e se estea a soportar desde a institución municipal o coste do salario que lle corresponde e ao mesmo tempo pagándolle a outra persoa que ocupa ese posto en acumulación. Tampouco consideramos de recibo que se teña emprendido esta acción contra esta persoa e existan outras persoas no Concello, tanto traballadoras como membros da xunta de goberno, nunha situación similar e que non se teña a mesma vara de medir en todos os casos.”



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



