Nota de prensa
O BNG PREGUNTARÁ AO GOBERNO POLOS RESULTADOS DO PLAN IMPULSA LUGO ANTE O INCREMENTO DO DESEMPREGO NA PROVINCIA
O deputado do BNG, Manuel Parga rexistra unha interpelación ao fin de coñecer a incidencia económica do plan e os novos proxectos que manexa o Goberno para o ano 2012
Santiago de Compostela, 12 de decembro , 2012. O deputado do BNG, Manuel Parga Núñez interpelará ao Goberno galego sobre os resultados do Plan Impulsa Lugo e os proxectos e iniciativas que manexa para o ano 2012.
Parga lembra que no ano 2009, o Goberno aprobou o Plan Impulsa Lugo para a promoción de investimentos produtivos e a creación de emprego e iniciativas emprendedoras nesta provincia. Asemade, engade o parlamentario, no ano 2011 foi presentado o Plano Estratéxico do devandito plan.
Neste sentido, preguntará ao Goberno galego o motivo polo que transcorridos dous anos e medio, os resultados relativos ao desemprego na provincia son tan negativos ao experimentar un 41,4% de incremento dende o 2009 ata decembro do 2011 e que medidas vai tomar para paliar esta situación caracterizada polo peche de empresas e presentación de EREs.