A asociación Gastronómica da Pontenova organiza un campionato de tute para o sábado 25 de febreiro. Será no local das Sociedades de A Pontenova, a partir de las 18:30 h. Enfrontaranse a 64 parellas que pagarán 70euros de inscrición e que terán a cea incluída na cota. Repartiranse 3.500 euros en tres categorías. A parella gañadora levará 1.750 euros, os segundos 700 e o terceiro 300. Na primeira repesca o premio do gañador e de 300 euros, 200 para o segundo e 100 para o terceiro. Na segunda repesca, 100 e 50 euros para primeiro e segundo. As parellas de podio serán obsequiadas con trofeos. A Gastronómica disporá de servizo de bar durante todo el evento con persoal altamente cualificado. Para anotarse chamar aos teléfonos 650 438 917 e 607 293 058. Máis información na web gastronomicaapontenova.com e a través del correo electrónico info@gastronomicaapontenova.com






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



