Nota de prensa
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular defende unha maior posta dos intereses de Galicia do conxunto das autoridade portuarias galegas
BALSEIRO OROL PREGUNTA SOBRE AS MEDIDAS DE COORDINACIÓN DOS PORTOS GALEGOS QUE TEN PREVISTO IMPULSAR A XUNTA
En Galicia hai 122 portos de titularidade autonómica e 6 portos de interese xeral xestionados polo Ministerio de Fomento a través das autoridades portuarias.
A Mariña, 7 de febreiro de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defende unha maior posta a disposición dos intereses de Galicia do conxunto das dársenas portuarias galegas e con ese obxectivo rexistrou unha iniciativa parlamentaria para preguntar sobre as medidas que ten previsto impulsar a Xunta de Galicia para coordinar o funcionamento e estratexias de todos os portos sitos na nosa comunidade.
Balseiro explicou que ao longo dos seus 1.720 quilómetros de costa, Galicia conta con 128 portos. Deles, a Xunta, a través do ente público Portos de Galicia, adscrito á Consellería do Medio Rural e do Mar, xestiona directamente 122. Os outros 6, de maior dimensión e de interese xeral do Estado, dependen do Ministerio de Fomento e son xestionados por cinco Autoridades Portuarias: Vigo, Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol-San Ciprián.
MAIOR AXILIDADE NA ADMINISTRACIÓN
O voceiro do Mar dos populares galegos quere coñecer os mecanismos que ten previsto impulsar o Goberno da Xunta para dotar de maior axilidade á administración dos portos galegos e eliminar as barreiras burocráticas que implica a súa xestión diferenciada.
De feito, Balseiro defende a coordinación do global do sistema portuario galego de tal xeito que dársenas de titularidade autonómica e estatal traballen nunha mesma dirección para facer máis competitiva a oferta galega. Trátase en definitiva de competir xuntos de cara ao exterior e evitar a autocompetencia interna, mirando sempre a posibilidade de ofrecer mellores respostas ás necesidades e intereses dos usuarios dos portos.
Balseiro quixo salientar tamén que pese a situarnos nun contexto moi influído pola situación xeral de crise, o balance da actividade portuaria dá lugar a entender que gozan de boa saúde. O voceiro popular sinala, por exemplo, que tres portos galegos de titularidade estatal, máis en concreto os de Ferrol-San Ciprián, Marín-Ría de Pontevedra e A Coruña, rexistraron taxas de rendibilidade por riba media (en relación aos seus fondos propios). Neste balance positivo hai que engadir tamén o incremento dos tráficos totais dos últimos semestres nestes portos.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



