Nota de prensa
O PSdG-PSOE de Foz e o Grupo Municipal Socialista esta perplexo porque as poucas obras que se están efectuando dende o Concello se estean adxudicando a dedo e sen pasar por ningunha mesa de contratación.
O PSdG-PSOE de Foz e o seu Grupo Municipal manifestan que en Foz, co PP no goberno, volvemos ás andadas e as obras danse por amiguismos e a empresas de fora, mentres que os e os nosos veciños e veciñas están parados.
Resúltanos incrible que o Sr. Alcalde de Foz,despois de tanto queixarse dos planes de emprego elaborados polos Gobernos do Sr.Rivera e a Deputación Provincial dicindo que eran plans basura, agora sexa incapaz de facer absolutamente nada polos parados do Concello, salvo darlle os amigotes as escasas obras do Concello, e desprezando a iniciativa dos grupos da oposición PSOE e UNIFOZ, para elaborar un Plan de Emprego porque lle invadía as competencias.
A escusa dada polo Sr Castiñeira no pleno municipal de que antes tamén se contrataban empresas de fora do concello, dicirlle, que cando o anterior equipo de goberno sacou a concurso, por exemplo, o mantemento do alumeado público do Concello de Foz, na mesa de contratación estaban tódolos grupos políticos do Concello, si señor Alcalde, vostedes o PP tamén, sendo dado por unanimidade, o mesmo pasou cando se deu a Lei da Dependencia, vostedes estaban na mesa de contratación, igualmente cando se fixeron mais de 30 obras do Plan E, vostedes igual que o resto dos grupos estaban na mesa de contratación, cando se fixo a Piscina ,a Travesía de Foz, remodelación da Sala Bahía, etc,etc, sempre estaban os grupos da Oposición nesas mesas.
Quedámonos perplexos cando preguntamos no ultimo pleno si non había ningunha obra en case 10 meses para facer unha mesa de contratación e nos contestan, que como vai a facerse mesa de contratación si non hai obras para contratar, esto e algo insólito despois de anunciar a bombo e platillo non sabemos xa cantas inversións para o Concello de Foz.
Vamos cara atrás como o cangrexo, non existe ningunha ilusión para levantar este Concello e único que se lle ocorre dicir o equipo de goberno e o Alcalde é que non hai cartos, polo iso aos socialistas parécenos que non existe Goberno en Foz nin gana de facelo, pensamos que os veciños están esperando unha reacción do Goberno para evitar ter que marchar a outros lugares onde si podan encontrar unha nova vida ou polo menos ilusión da mesma.
Unha vez mais, temos que agradecer a boa disposición da Deputación Provincial que cumpriu co comprometido co Asilo de Foz enviando os 35.000 euros negociados polo anterior Goberno Municipal, destinados a sufragar parte do déficit existente na institución, do que non sabemos nada é do que reclamaba antes o Sr.Alcalde ao Sr.Rivera asegurando que había un acordo do Concello para darlle ao Asilo 30.000 euros anuais, si tanta seguridade tiña de que eso era así e que o Sr Rivera mentía cando dicía que era un acordo puntual para un determinado ano, dígalle vostede a opinión pública, cando lle vai entregar o asilo os 30.000 euros que vostede tiña tan seguro que había que entregar cada ano.
PSdG-PSOE, Grupo Municipal Socialista do Concello de Foz.



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



