O Goberno bipartito da Deputación de Lugo vén de converterse en protagonista dun dos feitos máis deshonrosos e infames desde o punto de vista político que forman parte da actualidade destes días. Isto é así despois de que, na última sesión plenaria da institución provincial, socialistas e nacionalistas rexeitaran colaborar coa Xunta de Galicia na posta en marcha dun novo sistema de distribución de peixe e marisco entre os comedores sociais e cociñas económicas da nosa provincia.
O Partido Popular, tanto no Parlamento galego como na Deputación lucense, promovía unha iniciativa para que as distintas administracións uniran os seus esforzos de cara a colaborar con estas institucións benéficas que se encargan de algo tan básico como proporcionar un prato de comida para aquelas persoas que, polas súas circunstancias económicas, se vén na necesidade de acudir a estes comedores sociais.
Desde o PP conscientes da actual situación económica -que non provocamos nós, pero que si ten moito que ver coa nefasta xestión de socialistas e nacionalistas desde as súas anteriores responsabilidades de goberno- quixemos promover dun xeito construtivo esta iniciativa cun claro obxectivo: aproveitar o peixe e marisco procedente dos comisos aos furtivos e dos descartes pesqueiros, e destinalo a estes comedores sociais.
Ata o momento o peixe e marisco requisado aos furtivos era distribuídos, en exclusiva, entre as entidades benéficas dos concellos do litoral. A nosa proposta buscaba que a Deputación colaborase coa Xunta para ampliar o número de beneficiarios e que tamén puideran chegar non só aos concellos da costa senón tamén aos comedores sociais e cociñas económicas que hai no interior, no conxunto da provincia. Ao mesmo tempo, o PP pedía a implicación da Xunta e Deputación para sumar a estes produtos requisados os procedentes dos descartes pesqueiros, isto é, aqueles peixes e mariscos que aparece nas redes e aparellos dos nosos barcos pero que teñen que ser devoltos ao mar cando se ten superado o límite de capturas permitidas.
Co seu comportamento socialistas e nacionalistas están a dar mostra non só dun elevado grado de sectarismo político -incapaces de aprobar as iniciativas polo simple feito de que as propón o PP- pero tamén, o que aínda é máis grave, poñen de relevo a súa total insensibilidade fronte a todas aquelas persoas que están a pasalo mal, como consecuencia da actual situación de crise. O Goberno bipartito provincial prefire tirar o peixe ao lixo, ou devolver peixe morto ao mar, antes de sumar a súa colaboración coa Xunta para que estes alimentos poidan ser aproveitados nos comedores sociais e cociñas económicas da nosa provincia. Así de claro. Así de triste.
Jose Manuel Balseiro Orol
Voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular

















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



