Nota de prensa
AS BASES DA CONVOCATORIA DE ADUDAS DE BENESTAR SOCIAL 2012 APARECEN PUBLICADAS HOXE NO BOP
Antonio Veiga anunciou que a Área de Benestar Social da Deputación aumenta un 20%, de 500.000 euros a 600.000 euros as subvencións para Axuda no Fogar aos concellos, o que supón un incremento relativo moi alto en conta a baixada orzamentaria
Veiga apuntou que “todos os concellos que así o desexen poden solicitar este tipo de axudas a partir de mañá durante 20 días naturais”
O responsábel da Área de Benestar Social afirmou que “estas axudas son o garante da subsistencia dos servizos de atención social dos concellos, xa que sen elas a maioría tería que deixar de prestalos”
LUGO, 6 de marzo de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, mailo delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentaron o pasado xoves as axudas en materia de Benestar Social, e que se aprobaron o venres en Xunta de Goberno , destinadas a colaborar cos concellos nos gastos correntes do Servizo de Axuda no Fogar, que faciliten a conciliación familiar e laboral, así como a asistencia aos maiores. Antonio Veiga afirmou que “somos a administración de todo o Estado español que máis aumenta porcentualmente o investimento destinado á prestación dos servizos de axuda no fogar, superando o 20% do investimento con respecto ao ano pasado, ao pasar de 500.000 euros en 2011 a 600.000 euros este ano (unha cifra, 600.000 euros, que hai que valorar especialmente tendo en conta os recortes orzamentarios). Este incremento do gasto social reflicte a coherencia coa nosa política de goberno que xa expuxemos e estamos a levar a cabo en materia de benestar social”. O vicepresidente da Deputación, fixo fincapé en que “hoxe saen publicadas as bases desta convocatoria no BOP, de modo que todos os concellos que desexen solicitar estas axudas teñen 20 días naturais para facelo desde mañá”.
Antonio Veiga destacou que “nós camiñamos cara políticas sociais que garantan a igualdade entre as persoas, poñemos as cifras enriba da mesa e sacamos adiante proxectos, como este, de vital importancia para a subsistencia dos servizos sociais nos concellos lucenses, logo da situación límite que todos sabemos que están a sufrir tralos recortes por parte da Xunta de Galiza das contías destinadas a esta finalidade, que se situaron na última convocatoria nunha media do 70%. Apostar polo gasto social non só é poñer barreiras ó feito de que a crise se converta nun instrumento para aumentar as desigualdades de clase, senón que ao mesmo tempo que estamos amortiguando os efectos da conxuntura económica, estamos contribuíndo de xeito determinante á creación de emprego, pois debemos ter en conta que a día de hoxe nas diferentes comarcas de Lugo, son máis de 1.500 as persoas que traballan na axuda no fogar”.
Ademais, “desde a Área de Benestar Social da Deputación de Lugo –continuou Veiga-, apostamos polas nosas persoas maiores e defendemos o seu benestar tamén como unha parte da defensa ao modelo territorial no que acreditamos, que permita que as persoas poidan ser atendidas alí onde viven, nos seus pobos, sen forzar un despoboamento do rural por motivos de déficit de atención social”.
Como mostra da convocatoria pública que é, lembrou Veiga, “ábrese en réxime de concorrencia competitiva en igualdade para todos os concellos lucenses menores de 20.000 habitantes (todos agás Lugo) cunha novidade este ano, que é que se vai ter en conta como un factor positivo á hora de valorar a contía da axuda a cada concello, e é a mostra do compromiso en materia social do propio concello, co que tamén se estará incentivando desta maneira que os concellos lucenses prioricen o seu gasto social”. Con esta medida, segundo sinalou Veiga, tamén ser procura que “o compromiso en materia social da Deputación de Lugo se vexa referendada polos concellos lucenses”.
Por último, Veiga sinalou que “estamos diante dunha convocatoria de axudas destinadas á mellora do Benestar Social, pero que tamén veñen ligadas a unha economía do emprego, na medida en que a posta en marcha da prestación destes servizos de axuda a domicilio e atención aos maiores por parte dos concellos tamén implica que se van a xerar empregos na nosa provincia”.
Pola súa banda, Mario Outeiro afondou nas características formais das bases que rexerán o proceso de convocatoria, que serán aprobadas mañá e que, segundo anunciou, “sairán publicadas no BOP na vindeira semana, o mércores ou xoves, polo que a partir deste momento os concellos lucenses terán 20 días naturais para facer a súa solicitude”.
Segundo apuntou Mario Outeiro, “nos criterios de valoración téñense en conta criterios xeográficos, priorizando aqueles concellos con poboación máis dispersa, así como aqueles cunha peor taxa de poboación activa e valorando especialmente os concellos con bo réxime fiscal. Hai que sinalar, como xa apuntou con anterioridade o vicepresidente, que introducimos un novo criterio de valoración positiva para os concellos, no que fai referencia a que os concellos manteñan outros investimentos en programas de carácter social, facendo aos concellos tamén corresponsábeis do esforzo en materia social que fai a Deputación de Lugo. O importe de axuda que se lle conceda a cada concello non poderá en ningún caso superar o 70% do custe global do programa executado. As bases que rexen esta convocatoria establecen unha modificación respecto ás do pasado exercicio, no sentido que o 30% da valoración da contía que se vai destinar aos concellos estará en función dos programas sociais que estes desenvolven”. “O noso compromiso inversor neste programa ten que conlevar corresponsabilidade en materia de política social por parte dos concellos, isto é, aqueles concellos que máis aposten polas políticas sociais, aqueles concellos que dispoñan de máis programas sociais serán os máis beneficiados nesta convocatoria de axudas”, afirmou Outeiro.
Por último, Mario Outeiro indicou que “estas axudas da Área de Benestar Social da Deputación de Lugo saen publicadas en marzo, co que os concellos lucenses poden facer unha planificación do gasto anual, ao contrario que acontece coas subvencións da Xunta de Galiza, que se resolven a finais do exercicio. Ademais, os concellos poderán xustificar estas axudas até o 30 de abril de 2013, co que todo son facilidades para o funcionamento dos servizos sociais dos concellos”.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



