MEMORIA HISTÓRICA
De rotundo éxito pode definirse a proxección que o pasado sábado se fixo do que foi un dos episodios mais dramáticos da historia de Foz, e tamén de maior calado na sociedade, se atendemos ás circunstancias excepcionais concorrentes, ao entrar en xogo o amor xuvenil, a paixón estimulada polas lecturas románticas e o atisbo de atrancos familiares á relación sentimental da parella, clásicos ingredientes de vivencias noveladas, con final tráxico, reais ou imaxinadas, nuns tempos nos que aínda mantiña certo predicamento o romanticismo do S.XIX. Foi o ano 1929 cando Emérita e Nicanor (18 e 19 anos de idade), influídos por tal atmosfera vital, decidiron acabar coas súas vidas para que ninguén puidese frustrar o seu amor apaixonado… Tódolos avatares do feito sorprendente están escritos: Xesús Basanta levounos ó seu libro, “Foz, historias, contos e lendas”, e de aí xurdiu a idea de pasar á pantalla o episodio “Focegos por amor” que conta tan sorprendente feito, labor que, con extraordinaria brillantez, afrontou o dramaturgo Francisco Piñeiro que, unha vez mais, puxo en evidencia a súa mestría como experto director teatral e tamén o dominio dos recursos tecnolóxicos, nesta ocasión ben precarios, pero que para nada ensombreceron o espectáculo que ofreceron as mais de 30 persoas que participaron na gravación, que deron a imaxe dunha profesionalidade que non é tal.
É evidente que se trata dun tema arduo, espiñoso, cunha moralexa que pode dar lugar a distintas interpretacións, pero que é un capítulo da nosa historia e nós mantemos que esta hai que asumila sempre nos xustos termos nos que se producen os feitos: ignoralos, negalos ou pretender alteralos non conducen a ningures. Dise tamén que a Historia é gran mestra da vida e aí está a súa grandeza.; o mais aproveitable dela estaría en que os discípulos fósemos quen de asimilar as súas leccións: aquelas que nos guían á sensatez dos nosos actos, e tamén as que instrúen no que non deberíamos facer, erro no que tan repetidamente se cae…
A páxina da nosa historia que comentamos, tétrica, violenta, desgarrada, que racha con toda posible felicidade posterior compartida, forma parte da didáctica da vida que neste caso é, naturalmente, negación da morte buscada…
En toda obra colectiva son moitas as persoas que, dun xeito ou doutro, interveñen, pero non é función nosa sacar á luz a ringleira de nomes. Si queremos, dende unha perspectiva mais ampla, agradecer a Xesús Basanta a iniciativa de incluír no seu libro o relato que sen tardar cumprirá o centenario, e do que os vellos levamos oído falar dende a nenez, pero que el elevou á perennidade da escrita, pois en caso contrario, ao pouco perderíase a memoria.
A Francisco Piñeiro, non só pola dispoñibilidade para realizar o traballo sempre complexo e esixente que é a montaxe de algo semellante, para o que se precisan aptitudes, e vontades, que non son precisamente vulgares, que teñen moito que ver coa sensibilidade, a estética e a imaxinación porque, de non ser así, o tema, áspero, e de compoñentes a veces pouco definidos, corre o risco de caer no burdo ou chabacano. Por eso felicitamos ao director pola dignidade, o respecto e o nivel humano, ético e estético nos que mantivo as secuencias do relato, e a tódolos participantes en tan singular experiencia que expresaron, con espontánea galanura, canto deixamos dito. Parabéns.
Foi un brillante acto que, unha vez mais, puxo de relevo a nunca corrixida e flagrante carencia de infraestruturas dignas para o desenvolvemento cultural na nosa vila, feito que, lamentablemente, tanto o coarta. Tamén nesta ocasión o aforo resultou insuficiente. Unha mágoa.
Suso Fernández




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



