Nota de prensa
O PXOM PROTAGONIZARÁ O PLENO ORDINARIO QUE SE CELEBRARÁ MAÑÁ NO CONCELLO DE RIBADEO. DURANTE DOUS MESES O DOCUMENTO SERÁ SOMETIDO A UNHA NOVA EXPOSICIÓN PÚBLICA. FERNANDO SUÁREZ DIXO QUE “SI O PLAN SE APROBA SERÁ UN LOGRO DE TODOS” E SUBLIÑOU O TRABALLO REALIZADO POLOS GRUPOS POLÍTICOS AO LONGO DOS ÚLTIMOS ANOS.
Ribadeo, 22 de marzo de 2012. O PXOM será o protagonista do pleno ordinario que se celebrará mañá no Concello de Ribadeo. Durante un período de dous meses será sometido a unha nova exposición pública, despois das modificacións realizadas para adaptalo á lei do solo de Galicia e ao plan de ordenación do litoral. O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “si o plan se aproba será un logro de todos e será para todos os que veñan despois de nós” e subliñou o traballo realizado por todos os grupos políticos ao longo dos últimos anos.
O rexedor dixo que “van unha serie de puntos moi importantes ao pleno de mañá venres, unha serie de mocións, pero o máis importante para Ribadeo a curto, a medio e a longo prazo vai ser un novo paso adiante no que ten que ver co PXOM. A esta sesión van varios puntos relativos a este documento, sobre todo tres propostas de convenios urbanísticos para aprobación inicial na misma liña dos tres aprobados por unanimidade a finais do mandato pasado e que agora xunto con éstes se incorporarán á nova exposición pública de todo o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo”.
Suárez Barcia lembrou que “no ano 2008 por unanimidade se aprobou inicialmente o PXOM, que saiu a exposición pública e que recibiu 1.168 alegacións. Desde aquel momento ata o de agora diferentes cuestións imposibilitaron seguir a tramitación para proceder á aprobación provisional e finalmente definitiva, dado que cambiou a lei do solo de Galicia, creóuse o plan de ordenación do litoral e houbo que facer unha serie de enmendas a aquel documento”. O alcalde de Ribadeo sinalou que “decidimos por ter maior seguridade xurídica volver sacar o documento a unha nova exposición pública durante un prazo de dous meses, para que todo o mundo sen prisa, pero sen pausa, poida analizar e ver si o resultado é do seu agrado e para facer cantas alegacións ou suxerencias precisen realizar”.
Fernando Suárez destacou “independentemente do que cada grupo vaia facer no pleno de mañá, é a paternidade ou a maternidade de todos os grupos da Corporación na elaboración deste documento, tanto en todo o traballo realizado no mandato anterior como no feito no actual, independentemente das ponderacións do voto dos diferentes grupos no pleno da Corporación. No anterior mandato non había maioría absoluta do goberno municipal, neste mandato sí que a hai, pero a efectos do planeamento de ordenación urbana eu entendo que debemos seguir traballando da misma maneira e mantendo a colaboración máis sincera entre todos”.
O rexedor subliñou que “o documento do plan váinos trascender a todos nós, aos que estamos hoxe en día formando parte do goberno municipal ou mesmo da Corporación. Si o plan se aproba será un logro de todos e será para todos os que veñan despois de nós. Sempre tentamos darlles cabida e todos os grupos tiveron toda a información, puideron participar sempre na elaboración e viron cando había problemas e cales eran as propostas que os técnicos suxerían como mellores e creo que todo se foi facendo cun consenso inédito e descoñecido. Quizáis noutros temas non o teñamos, pero no que ten que ver co urbanismo ogallá sigamos durante moito tempo así”.
O documento do PXOM nesta segunda exposición pública poderá ser consultado na vella oficina de turismo durante dous meses e tamén na páxina web do Concello de Ribadeo. O arquitecto municipal aclarará todas as dúbidas que os veciños poidan ter.
Convenios urbanísticos
Suárez Barcia tamén se referiu á aprobación inicial de tres convenios urbanísticos “cun contido moi vinculado ao PXOM e que se incorporarán á nova exposición pública deste documento”. O alcalde explicou que “no caso dos convenios referidos ás rúas Pintor Fierros e Daniel Cortezón a través de diferentes cesións o Concello faríase cun total de 4.600 metros cadrados de zona verde para engadir aos xa existentes. Habería unha zona verde pública superior ao actual parque de Ribadeo, ubicado na praza de España”. E engadiu que “na outra proposta que se fai na avenida Rosalía de Castro o Concello acadaría un aparcamento soterrado en tres niveis cun total de 126 prazas de aparcamento público listas para utilizar, ademáis dun vial de nova apertura de 17 metros de ancho máis unha praza pública dunha superficie próxima aos 2.000 metros cadrados. Estes convenios non operarán en tanto o PXOM non estea definitivamente aprobado, aínda que sí que son pasos importantes para ir encarreirando o urbanismo en Ribadeo”.



















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



