Jose Manuel Balseiro defende un cambio de modelo no aproveitamento pesqueiro dos caladoiros en augas comunitarias a acadar no proceso de inminente reforma da Política Pesqueira Común
O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR QUE PIDE Á UNIÓN EUROPEA O CAMBIO DO ACTUAL SISTEMA DE REPARTO PESQUEIRO BASEADO NOS TAC´s E COUTAS
A iniciativa insta á Xunta a desenvolver “todas as medidas políticas, xurídicas e incluso xudiciais” para reformular a aplicación da estabilidade relativa o que contribuiría a unha maior defensa dos intereses da nosa flota.
A iniciativa, que contou co voto favorable do PP e ningún voto en contra, foi rexeitada en cambio na Deputación de Lugo, o que amosa un proceder contraditorio das forzas da oposición.
Santiago, 28 de marzo de 2012.- O Parlamento de Galicia vén de aprobar na mañá de hoxe a iniciativa promovida polo voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, na que se pide á Unión Europea un cambio no actual sistema de reparto das posibilidades de pesca entre a flota comunitaria, isto é, o coñecido como sistema de TAC´s (Totais Admisibles de Capturas) e cotas.
O voceiro do Mar dos populares galegos defendía que se reformulara o mecanismo coñecido como de estabilidade relativa a través do que se realiza un reparto automático das posibilidades de pesca por países, especies e zonas, ao entender que a práctica ten demostrado que é “discriminatorio para a nosa flota e dá lugar a cotas pesqueiras sempre insuficientes e, polo tanto, ao cese anticipado da actividade pesqueira”.
A Cámara galega fai seus os argumentos defendidos por Jose Manuel Balseiro e prospera un acordo parlamentario que consta de dous puntos: No primeiro deles pide á Xunta de Galicia que elabore un estudo xurídico e socio-económico en relación coa incidencia que no conxunto da flota pesqueira galega tería o mantemento do mecanismo de estabilidade relativa.
En segundo lugar, o Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a desenvolver “todas as medidas políticas, xurídicas e incluso xudicias” que estime axeitadas para conseguir a reformulación do actual mecanismo de reparto.
A reformulación do principio de estabilidade relativa e, polo tanto, o establecemento dun novo sistema de reparto das posibilidades de pesca nos caladoiros comunitarios une a administracións, partidos políticos e sector. Unha ampla maioría -cuxo parecer defende tamén a Consellería do Mar- é partidaria de que se substitúa o sistema actual por un modelo baseado no esforzo pesqueiro e no libre intercambio de posibilidades de pesca entre países e empresas da Unión Europea.
Tal e como explicou o voceiro popular do Mar esta petición se formula xusto no momento decisivo no que se debate a reforma da Política Pesqueira Común. A idea é lograr incluír na futura normativa comunitaria fórmulas máis acaídas para os intereses de Galicia.
OPOSICIÓN COTRADITORIA
Jose Manuel Balseiro quixo, finalmente salientar a incoherencia dos partidos da oposición. Mentres que no Parlamento de Galicia a iniciativa prosperou co voto favorable do PP e ningún voto en contra, na Deputación de Lugo, gobernada polas forzas do bipartito, rexeitaron este mesmo acordo. O comportamento contraditorio dá lugar a pensar que non existe nos partidos da oposición unha idea clara na defensa daquelas cuestións que máis interesan á flota galega ou, canto menos, que os representantes da Deputación lucense non estan pola labor de poñerse ao carón do sector pesqueiro galego.
Remirtido






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



