Unha vintena de locais hostaleiros de San Ciprián participarán na Festa do Mexillón que terá lugar o 7 de abril
-Os bares e restaurantes cociñarán o bivalvo das formas máis variadas
-A presentación do cartel tivo lugar hoxe coa presenza de representantes do goberno local e de hostaleiros participantes
Cervo, 28 de marzo de 2012-O Concello de Cervo presentou hoxe o cartel da Festa do Mexillón, que se celebra todos os sábados da Semana Santa e que este ano cadra o 7 de abril. Ese día, uns 20 bares e restaurantes da localidade cervense de San Ciprián prepararán quilos e quilos deste molusco tan típico da costa galega. E farano utilizando receitas moi variadas, dende as máis sinxelas como ao vapor ou cocidos así como outras máis elaboradas e incluso innovadoras. Ao longo de todo o día veciños, turistas e visitantes poderán degustar as racións de mexillón nesta cita gastronómica que leva máis de 15 anos celebrándose.
Na presentación estiveron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso e varios responsables dos locais participantes. A concelleira destacou a importancia de “exaltar este producto del mar que tiene unas infinitas posibilidades culinarias y que combina perfectamente con multitud de alimentos aportándoles un sabor especial”, e sobre todo sendo preparado “por las expertas manos de nuestros cocineros locales”.
Ademais, Alonso puxo especial énfase na función que cumpre esta festa que, ao igual que outras citas festivas ou gastronómicas, “consigue atraer a cientos de persoas hasta nuestro municipio, dinamizando al sector hostelero en concreto y al turístico en general”, di a edil. Por iso a responsable de Turismo cualificou aos hostaleiros de “activos y dinámicos” por ser capaces de aproveitar “las posibilidades de la gastronomía gallega y detectar en el mejillón un gran aliado para impulsar sus locales”.
Remitido
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



