SORTEÁRONSE OS EMPARELLAMENTOS DA XXIX COPA DEPUTACIÓN DE LUGO DE FÚTBOL
Antonio Veiga destacou que “mantemos o mesmo orzamento e os mesmos premios có ano pasado, o que significa un esforzo moi grande tendo en conta os recortes orzamentarios”
Este ano tamén se disputa a IV Copa Deputación de Fútbol Feminina con semifinais e final entre os 4 equipos da provincia
Lugo, 31 de marzo de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, xunto a Carlos Mouriz, delegado da Federación Galega de Fútbol en Lugo, presentaron esta mañá no Pazo de San Marcos diante dos representantes dos clubs de fútbol da provincia o sorteo de emparellamentos da XXIX Copa Deputación de Lugo de Fútbol.
Segundo destacou na súa intervención Antonio Veiga, nunhas palabras que tamén referendou posteriormente o delegado da Federación Galega de Fútbol Carlos Mouriz, “mantemos para esta edición da Copa Deputación o mesmo orzamento e os mesmos premios có ano pasado, como tamén se mantén a mesma cantidade -500.000 euros- para apoiar na liña de subvencións en concorrencia competitiva (cuxo prazo de presentación remata a vindeira semana) aos clubs deportivos lucenses, o que significa facer un esforzo económico moi grande tendo en conta os recortes orzamentarios que todas as administracións estamos a sufrir”. Antonio Veiga tamén resaltou a “colaboración e a predisposición” de todos e cada un dos clubs que participan no campionato e a coordinación da Federación de Fútbol, e manifestou a súa satisfacción porque os afeccionados lucenses poidan desfrutar dun torneo realmente competitivo. Ademais, desde o 2008 ten lugar a Supercopa Deputación de Fútbol, disputada entre o equipo campión das categorías 1 ª Autonómica e Preferente Autonómica, 2ª e 3ª Autonómica, e a Sociedade Deportiva de Lugo nun partido triangular.
Nesta edición da Copa Deputación de Fútbol participan o total dos equipos lucenses desde 3ª Autonómica a Preferente Autonómica (con só un par de casos de equipos que ao final renunciaron a participar), e os emparellamentos realizáronse por sorteo puro, como vén sendo habitual, no caso de 1ª e Preferente Autonómica, e por proximidade no caso da 2ª e a 3ª autonómica.
A Copa Deputación feminina, por primeira vez nesta cuarta edición que se celebra, ao contar con catro equipos participantes da provincia (a totalidade) disputarase con dúas semifinais entre Peluquería Mixta Friol e Monteforte, e Milagrosa-Chantada, con horarios aínda por determinar pero cuxa final previsiblemente se xogará o mesmo día que a final de 1ª Autonómica e Preferente.
Para a posta en marcha desta última edición da Copa Deputación, a Área de Deportes da Deputación conta cun orzamento semellante ao do ano pasado de case 90.000 euros. Dos clubs deportivos participantes no trofeo, o campión e subcampión da categoría 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, será premiado con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado. En 2º e 3º Autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado.
Remitido


















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
