O barreirense Borja Rocha, seleccionado pola elite nacional do surf como a mellor promesa lucense deste deporte
– Gómez Besteiro entregou ó mozo, de 21 anos, o premio convocado no marco do Surf-Camp, consistente nunha esponsorización completa durante un ano por parte da Presidencia da Deputación para que poida participar noutros campionatos
– Preto de 400 persoas participaron en total no encontro, que rematou hoxe cunha nova sesión deportiva na que xente de tódalas idades e de todo o Norte da Península, e mesmo de Alemaña, Holanda e Italia, compartiu olas en Esteiro cos mellores surfistas
– Unha vintena de profesionais desta modalidade deportiva, con proxección nacional e internacional, exerceron de monitores de xeito totalmente gratuíto, converténdose en embaixadores da Mariña polo mundo grazas a este evento
O barreirense Borja Rocha, de 21 anos, foi seleccionado pola elite nacional do surf como a mellor promesa lucense deste deporte, denominado rookie na linguaxe da modalidade deportiva, durante a celebración do segundo Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo, que rematou hoxe despois de tres intensas xornadas de diversión e aprendizaxe. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, foi o encargado de entregar o galardón ó mozo mariñano, unha apaixonado do surf, que recibirá unha esponsorización completa durante un ano por parte da Presidencia do organismo provincial para que poida participar noutros campionatos, nos que ademais será embaixador da Mariña. O patrocinio inclúe todo o material técnico necesario, por un valor superior a 2.000 euros: táboa de alta gama, funda, traxes de neopreno de verán e de inverno, accesorios, roupa, etc.
Ó galardón aspiraban cinco rapaces e unha rapaza da Mariña, elixidos segundo criterios de calidade polas escolas colaboradoras coa organización do Surf Camp: ¡Hola!Ola, de Ribadeo; North Shore Surf Club, de Barreiros; Surfiños, de Foz; The Van, de Viveiro e Sensación Surf Club. Para este rapaces, e para todos aqueles que participaron, este encontro foi un inmellorable escaparate de promoción, posto que os medios especializados como Surf Limit, Parafina, El blog de Occy, The Crazy Guecho, A Remojo, Fuel Surf ou Surf Galicia, así como membros das Federacións de Surf galega e española aproveitaron de seguro para chequear o nivel dos surfistas.
O multitudinario e intenso encontro Km0 Surf-Camp chegou hoxe ó seu fin cunha nova sesión deportiva na que 166 persoas de tódalas idades e chegadas de todo o norte de España e mesmo de Alemaña, Holanda e Italia compartiron olas na praia xovense de Esteiro cos mellores surfistas de España. Para o 90% dos participantes, esta foi a súa primeira inmersión neste deporte, que cada vez gaña máis adeptos. A acollida foi tal que que ás 11:00 da mañá, unha hora antes de iniciarse a sesión, xa había medio cento de persoas esperando para comezar e o aparcamento do areal acabou ateigado de coches. Os 166 amateurs que puxeron o traxe de neopreno para gozar da xornada de hoxe súmanse ós 230 inscritos nas actividades de onte sábado, co cal a participación global elévase a preto das 400 persoas.
As mellores condicións do mar para surfear e a ausencia de nubes potenciaron unha sesión na que os participantes se mostraron fascinados por poder aprender gratis e de primeira man de profesionais de tan elevado nivel como Aritz Aranburu -que viaxou á Mariña recén chegado de competir en Australia- Kepa Acero, Adur Letamendía ou Gony Zubizarreta. A vintena de profesionais, de proxección nacional e internacional, e moitos deles imaxe de grandes marcas comerciais, que exerceron de monitores durante toda a fin de semana neste encontro organizado pola Deputación e o establecemento ribadense ¡Hola! Ola fixérono de forma totalmente gratuíta, converténdose en embaixadores da Mariña por todo o mundo grazas a este evento. Na area concentráronse así mesmo ducias de persoas para ver a espectacular sesión de surf, entre eles moitos pais e nais que acompañaron ós nenos que se animaron a coller olas.
O mellor do surf
O campión Aritz Aranburu sumouse o mesmo día do arranque do Surf Camp á impresionante nómina de destacados surfistas cos que contou o evento e que, entre outros, componse dos seguintes: Kepa Acero -un dos free surfer máis famosos; Adur Letamendía -famoso por surfear grandes olas e actual gañador do Punta Galea EVE Challenge 2012-; Jaime Azpiroz; Gony Zubizarreta -o surfista galego máis laureado, gañador da última edición do San Miguel Zarautz Pro e 2º clasificado no Pantin Classic, 17ª na clasificación para o circuito mundial (WQS)-; Pablo Solar -actual seleccionador da Federación Española-; Indar Unanue; Marlon Lipke -un dos poucos europeos que acadaron clasificarse nos primeiros postos do circuíto mundial-; Hodei Collazo -clasificado na 2ª posición do circuíto mundial junior-; Pablo Gutiérrez -actual campión de Europa de surf-; Iván Villalba, Luis Rodríguez –segundo surfista galego máis laureado de todos os tempos-; Pablo Romero; Jaji Iglesias; Dani Aznar; Lucía Martiño; Erika Franco -ocupa a terceira posición do surf feminino español-; David Sastre; Yoli Rodríguez e Loiola Canales -campiona de España Sub-18 no ano 2011-.





















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
