O GOBERNO PODE ESTAR A PREVARICAR CO ANMISTIA FISCAL
![]()
A prevaricación e un delito que consiste en que unha autoridade, xuíz ou outro funcionario público dite una resolución arbitraria nun asunto administrativo ou xudicial, a sabendas de que dita resolución e inxusta.
O BOE do dia 31 de marzo do 2012 publica a amnistía fiscal disfrazándoa de unha regularización. Concretamente na páxina número 15 di textualmente:
Disposición adicional primeira. Declaración tributaria especial.
1. Los contribuyentes del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas, Impuesto sobre Sociedades o Impuesto sobre la Renta de no Residentes que sean titulares de bienes o derechos que no se correspondan con las rentas declaradas en dichos impuestos, podrán presentar la declaración prevista en esta disposición con el objeto de regularizar su situación tributaria, siempre que hubieran sido titulares de tales bienes o derechos con anterioridad a la finalización del último período impositivo cuyo plazo de declaración hubiera finalizado antes de la entrada en vigor de esta disposición.
2. Las personas y entidades previstas en el apartado 1 anterior deberán presentar una declaración e ingresar la cuantía resultante de aplicar al importe o valor de adquisición de los bienes o derechos a que se refiere el párrafo anterior, el porcentaje del 10 por ciento.
El cumplimiento de lo dispuesto en el párrafo anterior determinará la no exigibilidad de sanciones, intereses ni recargos.
Eu penso que se ve claramente o inxusto desta resolución si temos en conta o seguinte:
Non é xusto que os traballadores con unha nómina que dificilmente nos permite chegar a fin de mes teñamos que pagar mais do dobre que as persoas que se acollan a esta medida.
Non é xusto que persoas que cometeron un delito fiscal, ou sexa que son delincuentes, podan regularizar a súa situación sen que se lles esixa sancións, intereses nin recargos, e pagando moito menos do que tiveron que pagar os que cumpriron a lei en situación similar a súa.
Si como penso a medida e inxusta, e o goberno sabeo, non cabe dubida de que pode estar a prevaricar tomando esta medida.
Por outro lado gustaríame preguntarlle ao goberno:
Para que sirve a Axencia Tributaria. Só para recadar os da nómina e a aqueles que voluntariamente fan as súas declaracións fiscais.
Para que están os inspectores e subinspectores de facenda, só para cobrar o soldo.
Por último quería recordarlle ao goberno que os cartos públicos son de todos, tamén meus. E os que se deixan de reclamar as persoas que se acollan a esta medida tamén son de todos, tamén meus. E eu non estou de acordo, nin autorizo a que ninguén por min tome a decisión de perdoar un só céntimo os defraudadores o fisco.
Rajoy non podes pretender que saiamos da crise só co esforzo dos da nómina. É imposible, e o que é peor, é inxusto.
Fdo: O Fareiro de Foz




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



