
Lara a única rapaza nas categorias base do C.D.Foz, que ante o Ribela marcou os seus dous primeiros goles.Bravo por ela.
A super-goleada do INFANTIS non acaba de endozar a derrota dos CADETES en Viveiro ante o Praia de Cobas. Así os máis pequenos lograron a goleada da tempada no Martinez Otero endosándolle ao Ribela de Sarria nada máis e nada menos que 26-0. Queda todo dito. Pola súa parte no duelo de galos da categoría cadete os de Burunda caeron ante o líder por 2-1 no campo do Cembedo viveirense. Adiantáronse no marcador e con 0-1 dispuxeron dun penalti que fallaron. Despois no segundo tempo o líder reaccionou e deulle a volta ao marcador con dou goles de Xavi o pichichi da categoría. Felicitar os de Cobas que practicamente teñen o título ao alcance da man. De todos modos a segunda praza que dá aceso á liga de ascenso á liga galega está tamén case conseguida. Os xuvenís descansaron esta xornada. Animo para a próxima e sempre Aupa Foz Aupa.