Continuando as súas accións en prol da recuperación do xulgado en Ribadeo, a AVV O Tesón da conta da recepción en días pasados dunha carta do Ministerio de Xustiza na que queda constancia doutro tŕamite máis exercido naquelas dependencias.
A lembrar que o 31 de decembro de 2010 tivo lugar a sinatura conxunta por parte de representantes de tódolos grupos políticos representados no Concello de Ribadeo (daquela e hoxe) do escrito de acompañamenteo ás 1376 sinaturas recollidas para axilizar a volta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción a Ribadeo, sinatura coa que parecía que ditos grupos apoyaban activamente o retorno do xulgado.
Dende aquela cambiaron os representantes no concello, o goberno do estado e o ministro de xustiza, pasando todo un ano sen obter nin contestación nin apoio doutro xeito ás aspiracións que consideramos de todo Ribadeo. Por iso, de novo, a AVV se puxo en marcha para poñer o que poda pola súa parte e non esquecer a vontade de todos os que asinaron polo retorno do xulgado a Ribadeo.