O “ladrillazo” incesante: ADEGA pide dilixencia ao Fiscal por prevaricación no Concello de Barreiros
A Mariña, abril de 2012. Ante a reanudación das obras en Barreiros por parte de CONSTRUCIONES Y PROMOCIONES J. DÍAZ FERNÁNDEZ, ADEGA vén de persoarse de novo ante o Ministerio Fiscal para presentar a documentación que proba a usurpación de terreos de titularidade pública por parte do promotor e a ilegalidade da licenza por non contar con autorización de Augas de Galicia para a ocupación do dominio público hidráulico e da zona de policía, o que invalida calquera licenza municipal. Ademais subliñamos que as solicitudes do promotor para tal autorización son do ano pasado cando o recoñecemento da licenza é de decembro de 2009. A maiores esta licenza de obra está expresamente afectada polo Decreto 15/2007, polo que se suspendían as Normas Subsidiarias do Concello de Barreiros.
Xa en outubro do ano pasado, ADEGA presentou na Fiscalía do Xulgado de Mondoñedo unha denuncia contra do Alcalde de Barreiros, D. José Alfonso Fuente Parga, por ter recoñecido expresamente (en reunión da Xunta de Goberno Local do 30/12/2009) o outorgamento desta licenza urbanística a CONSTRUCIONES Y PROMOCIONES J. DÍAZ FERNÁNDEZ , a sabendas de todas as ilegalidades e irregularidades que cometía:
-A solicitude de licenza conta cun informe negativo da asesoría xurídica do concello por non axustarse ao planeamento urbanístico,
-A parcela non reúne os requisitos para ter a categoría de solar, porque carece de accesos e non ten asegurados os servizos de auga potable e saneamento, nin o de enerxía eléctrica e comunicacións,
-A parcela está afectada por un Decreto da Xunta de Galicia polo que se suspende a Normativa Urbanística Municipal e que, expresamente, prohibe o outorgamento de novas licenzas urbanísticas sobre dita parcela,
-A obra afecta ao dominio público hidráulico e a zona de policía e nin tan sequera conta coa solicitude de concesión e de autorización para a ocupación das zonas de dominio e de policía dun río, dun rego ou dun regato,
-A obra, sen ningún tipo de expediente previo, usurpa terreos que, de acordo co Rexistro de Propiedade, son de titularidade pública municipal.
Pese a todo isto, o Sr. Alcalde de Barreiros outorga a licenza de obra por silencio administrativo, cando este outorgamento, de acordo coa lei, nunca se podería ter feito aínda que tan só se acometerá unha soa das irregularidades citadas. Así pois, calquera que conte co favor da Alcaldía de Barreiros pode obter licenza de obra só co informe favorable da arquitecta municipal e o correspondente acordo da Xunta de Goberno Local. Semella que a Arquitecta Municipal e o Sr. Alcalde teñen competencias (outorgadas pola preguiza, o desistimento e a neglixencia da autoridade urbanística) para interpretar a lei, para falsear datos, ocultar documentos e ata para facer desaparecer fisicamente o chamado Rego de Lopo (afectado pola devandita obra).
ADEGA tamén repara na actitude do promotor, o cal reanuda as obras a sabendas de que a licenza outorgada polo concello está denunciada diante da Alcaldía e da Axencia para a Protección da Legalidade urbanística. De acordo coa lei, nestas circunstancias, non se poden reanudar as obras; pero en Barreiros, se se conta co favor da Alcaldía, pódese continuar coas obras sen tan sequera necesidade de informe a favor da arquitecta municipal e sen tampouco acordo da Xunta de Goberno Local.
ADEGA confía en que o Ministerio Fiscal poida seguir sendo independente do poder político e se dote da vontade e dos medios suficientes para, con dilixencia, actuar con contundencia contra estes casos de prevaricación e corrupción urbanísticas. Trátase, dende logo, dunha URXENCIA DEMOCRÁTICA: ningunha sociedade minimamente democrática pode aceptar tal discriminación fronte a Lei duns cidadáns con respecto a outros.
Remitido




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



