NOTA DE PRENSA
A Deputación aproba os derradeiros trámites das obras da praia fluvial de Lugo que financia con 500.000 euros
– A Xunta de Goberno acordou a modificación do proxecto de construción do pioneiro parque infantil cuberto, permitindo ó Concello de Lugo iniciar as súas obras xunto ás dos vestiarios
– O Goberno Central bloquea os traballos da zona de baño, tamén adxudicados polo organismo provincial, ó non conceder o permiso imprescindible para que o municipio lugués os execute
– A sesión acordou as derradeiras obras do canon en Carballedo, liquidando este débeda histórica cunha ducia de actuacións para as que a Deputación achegou máis de 581.000 euros
A Xunta de Goberno aprobou este luns a modificación do proxecto de construción do parque infantil cuberto, que se situará detrás do Pazo de Feiras e Exposición da capital lucense. Os cambios consisten na apertura polos laterais desta infraestrutura de 21 metros de largo por 14 metros de ancho e totalmente acristalada, sendo a primeira destas características na cidade. Trátase do derradeiro e único trámite que tiña pendente por resolver a Deputación dentro das actuacións previstas para a creación da praia fluvial de Lugo, financiada na súa totalidade polo organismo provincial con 500.000 euros.
Deste xeito, o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que o Concello de Lugo, responsable da execución das obras, pode iniciar ditos traballos, dotados de 214.975 euros, ó igual cos dos vestiarios de 36.703 euros. Na actualidade, o municipio lugués está a ultimar no contorno do Miño as actuacións de 39.440 dun pequeño parte infantil mentres está á espera de que o Goberno Central, concretamente o Ministerio de Medio Ambiente, lle conceda o permiso imprescindible para poder iniciar as da zona de baño, financiadas con 208.880 euros.
Todas estas obras enmárcanse dentro do convenio do Plan Extraordinario de Obra Pública mediante o cal a Deputación achegou ó Concello lucense 1 millón de euros para, ademais da construción da mencionada praia fluvial, a pavimentación das rúas Ronda de Fingoi, Avenida da Coruña e Paulo Fabio, traballos doutros 500.000 euros xa finalizados.
Liquidando o canon
Na sesión, aprobáronse as derradeiras actuacións en Carballedo con cargo ó canon, liquidando esta débeda histórica en dito Concello con produción hidroeléctrica e sen sentenza favorable. Estas consisten no remate dos traballos de rexeneración nas estradas Gustei-Mazaira e Buxelle por valor de 2.425 euros. En total e mediante este Plan, a Deputación investiu en Carballedo 581.098 euros cos que se acondicionaron as vías: Porto-Bucillos e Cea-Surrego-Buciño; Coedo-Loureiro-Casagrande-Corna; Agra-Matanza e Furoco-Abelairas-Penasalbas; Ermida-Milleiro e Cartelo-Lobelle de Riba; Peares-Galegos e Eirexe-Castro-Pubieiros; Rubiás-Pereiro, Revelle e Fente-límite con Chantada; Piñeiro-Vilaquinte e Pradeda de Baixo e de Arriba; Corveira de Baixo e de Arriba-Eirexe-Aguada de Riba; Vila-Castro-Morgade-Outeiro; e Cambillán-Airoá.
Tamén con respecto ó canon, a Xunta de Goberno acordou os Plan de Seguridade e Saúde no Traballo, derradeiros trámites para poder iniciar de xeito inmediato as tamén derradeiras obras con cargo o canon no Concello de Sober. Trátanse das pavimentacións nos accesos a Merla, San Cosmede, San Pil e zona verde Rosende por valor 38.160 euros, así como nos accesos de Gullufre-Os Ancares e Os Corgos de 46.426 euros.
Outros acordos
A Xunta de Goberno aprobou a renovación do convenio con Novagalicia Banco para a recadación dos impostos do IBI, IAE, ICV, taxas de auga, lixo, sumidorios ou antenas parabólicas que 62 Concellos da provincia teñen delegado na Deputación, aforrando miles de custes. Por exemplo, a compra de aplicacións informáticas que custan entre 200.000 euros e 1 millón de euros ou a contratación dunha empresa exterior con persoal técnico-xurídico especializado. Con este servizo, a Deputación garante ós municipios novos ingresos todos os meses xa que lles adianta o pago destes impostos que, en moitos casos, non chegaban a cobrar na súa totalidade, supoñendo unha importante inxección económica.
Por outra banda, a sesión acordou as contas xustificativas de 2 obras do Plan de Comunidades Veciñais, executadas nos Concellos de Muras e Vilalba por valor de 18.315 euros dos que o organismo provincial achegou 13.704 euros; así como o pago de 3.371 euros pola expropiación de 27 fincas para a execución das obras de mellora nas estradas de Carrizal-Moncelos, na Pastoriza, e Seone-Tor, en Monforte de Lemos
Remitido



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



