La Plataforma pro Residencia Comarcal de Mayores agradece a todas los portavoces de los partidos políticos de la localidad su adhesión y participación en la manifestación pro residencia celebrada en Ribadeo en pasado domingo. En sus manos, como representantes de la voluntad popular, ponemos ahora, confiados, la continuidad de esta demanda, con la constante colaboración y apoyo de esta Plataforma.
A los medios de comunicación, tanto escritos como audiovisuales, agradecemos su extraordinaria y constante colaboración en la difusión de esta convocatoria.
Y a la hora de hacer una evaluación de esta manifestación queremos manifestar a los vecinos de este concejo, tanto de su ámbito rural como urbano, y a las demás personas que de forma espontánea se allegaron a Ribadeo para participar con nosotros en esta manifestación, su masiva asistencia y apoyo. Si hace ya un año el pueblo del concejo de Ribadeo manifestó mayoritariamente la necesidad de un servicio imprescindible para Ribadeo mediante la aportación a la Consellería de Benestar de 2.225 firmas solicitando una residencia de mayores para Ribadeo, no fue menos explícito en manifestar estas mismas exigencias en esta manifestación al apoyarla con su asistencia masiva, pues estimamos que el número de los participantes no bajaba de las 1.500 personas. Se puede, pues, decir que hoy se ha puesto en marcha un pueblo que ha recuperado la sensibilidad de preocuparse por el destino de sus mayores necesitados.
Somos plenamente conscientes del largo recorrido que nos espera en esta lucha. Pero estamos dispuestos seguir poniendo nuestro granito de arena en la consecución de este objetivo, con la convicción de que todos unidos en esta lucha finalmente lo conseguiremos.
En nombre de la Plataforma de Vecinos a todos nuestro agradecimiento.
COMUNICADO DA MANIFESTACIÓN
Veciños, hoxe estamos aquí reunidos para pedir unha residencia comarcal para mayores en Ribadeo. Ribadeo e a sua comarca medraron moito nos derradeiros tempos e a actual residencia que temos quedouse pequena para poder acoller nela a tantas personas necesitadas. Os profundos cambios orixinados nas nosas familias e o actual alongamento do ciclo vital, así como a moita xente chegada doutros concellos que abandonaron as súas parroquias natais para afincarse nesta vila e no seu entorno, aumentou moito nesta comarca o número de personas maiores necesitadas de acubillo. Personas vivindo solas, abandonadas a súa sorte porque, ou ben non teñen familia que as coide no seu fogar, ou precisan de traballar.
Soamente en Ribadeo hai 815 personas, maiores de 80 anos. Delas, 550 anciáns vivindo sós nos seus fogares, unhos con dependencia, outros con demencia senil, e todos eles agardando unha praza nunha residencia da que non dispoñemos. E non esquezamos as preto de 50 personas, familiares ou veciños nosos, que se atopan recollidos noutras residencias, lonxe da súa terriña e dos séus familiares e amigos, chorando a súa soedade. Agotando os séus días noutras terras para eles lonxanas, como Xove, Taramundi, Ferreira do Valadouro, Burela, Foz, Viveiro, Vilalba, Mondoñedo, Castro de Rey, Bretoña, etc., non faltando ainda quen foi a acabar a Quiroga. E todo esto, co gran inconvinte que representa a distancia, o tempo e o custo da viaxe para que os séus familiares poidan manter un frecuente e axeitado contacto coas suas queridas personas mayores. E deste xeito por ahí están hoxe espalladas personas que entregaron toda a sua vida o duro traballo e o esforzo, para que nós poidamos disfrutar hoxe dun mundo mellor. Para todos eles, desde aquí, a nosa cariñosa lembranza. Nosoutros, en troques, os séus fillos e veciños, abusando da súa fraxilidade, pechamos os ollos e deixamos que sexan levados a acabar os séus días lonxe da súa terriña, da súa familia e dos séus amigos, mentras nosoutros, insensibles a súa dor e soedade, miramos para outro lado ou agochamos a nosa cabeza entras mantas. Veciños, ¿Son os nosos vellos merecentes deste trato e deste desprezo?
Estamos hoxe aquí para pedir, algo e claro, a quen corresponda, Diputación e Xunta de Galicia sobre todo, a solución deste grave problema. Queremos que Ribadeo figure no posto que lle corresponde no mapa de cobertura de residencias para Galicia. Demandamos que os nosos maiores necesitados poidan ser acollidos no séu entorno de orixe. Esiximos, en definitiva, unha Residencia Comarcal en Ribadeo. Dirannos que non hai cartos. E tenen razón. Non hai cartos para Ribadeo. Pero hainos para outros sitios e para outros investimentos. Porque hoxe, Ribadeo está a ser esquencido fronte a outros concellos con menos poboación necesitada ca Ribadeo e gozando doutras residencias na súa proximidade, das que nós non disfrutamos. E Ribadeo non é mais, pero tampouco menos ca ninguén. Fixeron unha residencia en Viveiro, fixérona en Burela e, parece ser, que a van a facer en Foz. ¿Qué pasa con Ribadeo? Si outros teñen dereito a unha residencia, mais ten Ribadeo. Veciños, queremos unha solución xusta para os nosos anciáns e, tamén, para nosoutros mañá. E por eso temos que seguir a loitar. E que non se excusen decindo que en Ribadeo non hai lista de espera dabondo que xustifique unha residencia; pois tampouco hai lista de espera para traballar no Corte Inglés, pero é porque aquí non hai Corte Inglés.
E hora de loitar todos xuntos por unha residencia para Ribadeo. E non só polos nosos vellos, senón porque, ademais, o séu destino actual será, sen dúbida, o noso destino futuro, pois como decían os nosos abós, “como te ves eu me vin e como me ves te verás”.
Veciños, non estamos sós nesta loita. Temos a todas as forzas políticas do noso concello, aquí presentes, loitando unidas codo con codo connosco nesta demanda. Expresión da súa vontade foi o pleno do xoves pasado, no que tomaron o acordo de solicitar da Xunta de Galicia a inclusión de Ribadeo no mapa de residencias para Galicia. Esta Plataforma lles agradece a sensibilidade que amosaron ó acoller e facer súa esta demanda do pobo. Nas súas mans poñemos hoxe a nosa esperanza. Para todos eles o gradecemento mais profundo deste movemento popular, que non pretende quitar nin poñer rey. Só pretende arrimar entre todos o hombro na procura deste obxetivo común.
E antes de rematar, quero aproveitar esta ocasión, en nome de todos, para agradecer desde aquí a certos veciños o séu xeneroso xesto de poñer as súas propiedades a nosa dispor para poder levar adiante este proxecto. Son os modernos benfeitores que queren contribuir cos séus propios bens ó benestar de todolos ribadenses. Un verdadeiro ejemplo para todos nós. A eles, pois, o noso agradecemento. E o noso agradecemento, tamén, para todos aqueles que un día foron quen de poñerse en pe para poñer en marcha esta loita.
E da Xunta de Galicia, na que estamos a manter hoxe as nosos esperanzas, agardamos a solución deste grave problema.
E agora, ribadenses, gritemos todos xuntos: ¿RESIDENCIA PARA RIBADEO, XA!
Remitido



















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



