Os Sendeiros de Foz fixemos este domingo 22 de Abril a ruta Camelle – Laxe na costa da Morte. Un fermoso recorrido entre os bonitos pobos mariñeiros que puidemos observar e disfrutar dos grandes areais das praias de Traba e Soesto, ao mesmo tempo oír e observar a gran cantidade de aves que habitan na lagoa de Traba. Acantilados, e camiños tallados co o paso dos carros en tempos lexanos. En fin, un recorrido recomendable para recrearse coas belas imaxes que se poden contemplar. Recordar que xa estamos rematando a próxima ruta que será por terras de Euskadi o fin de semana do 11 al 13 de maio.























Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



