A DEPUTACIÓN ORGANIZA E DESENVOLVE, UN ANO MÁIS, O PROGRAMA “ESCOLA DE PAIS E NAIS”
A súa finalidade vai ser a de facilitar os medios para que pais e nais aprendan sobre o papel fundamental da familia na evolución das persoas
En todas as charlas haberá dispoñible un servizo de gardería gratuíto, que poderán utilizar os pais e as nais que acudan ás charlas para facilitarlles a asistencia ás mesmas
Lugo, 23 de abril de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, mailo delegado da Área de Cultura e Turismo, o tamén nacionalista Mario Outeiro, presentaron na mañá de hoxe, no salón de actos da Deputación, o programa “Escola de Pais e Nais”, que organiza e desenvolve a Área de Cultura, en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega xunto coa FAPACEL, cuxa presidenta, Elvira Lombao, tamén participou na presentación. Este programa en anos anteriores víñase denominando “Aprender para Educar”.
No marco deste programa, son varias as actividades que se van desenvolver por toda a provincia de Lugo: Lugo cidade, A Mariña (Foz e Viveiro) e Monforte de Lemos, e a súa finalidade vai ser a de facilitar os medios para que pais e nais aprendan sobre o papel fundamental da familia na evolución das persoas. A Escola de Pais e Nais engloba tres conferencias distintas, que se van a impartir en diferentes datas e lugares: “Educar nos sentimentos”, impartida por Ana Isabel Torres Luaces, coordinadora pedagóxica de Preescolar na Casa; “Educar na responsabilidade. Normas e límites”, pola psicopedagoga Mercedes Mourenza Fernández; e “Coeducación: como educar os nosos fillos e fillas na igualdade”, impartida por Lola Ferreiro, profesora e catedrática de Procesos Sanitarios.
Antonio Veiga fixo fincapé en que “con este programa desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo queremos contribuír a darlle ferramentas ás ANPAS para que a tarefa de formar os adultos do futuro; estas ferramentas serán charlas de formación impartidas por especialistas en diferentes temáticas que tentarán crear un espazo de reflexión e de debate onde a educación e a formación dos nosos nenos e nenas serán o tema principal”.
Pola súa banda, Mario outeiro afirmou que “As charlas versarán sobre diferentes temáticas que están á orde do día na educación dos nosos fillos e fillas, que abordarán dun xeito didáctico e ameno diferentes estratexias que servirán de punto de encontro e de recollida de diferentes opinións para poder crear un debate arredor do papel de formadores que teñen as familias”.
É de resaltar que en todas as charlas haberá dispoñible un servizo de gardería gratuíto, que poderán utilizar os pais e as nais que acudan ás charlas para facilitarlles a asistencia ás mesmas, así como que todas as charlas están impartidas por profesionais de recoñecido prestixio.








Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



