A Concellería de Cultura de Lourenzá, co gallo do Día do Libro, vén de levar a cabo neste 23 de abril, unha nova actividade que serve como peche ás diferentes conmemoraciónes que se realizaron neste mes de abril, “renomeado” como “o mes dos libros”.
As actividades deran comezo o día 2 do presente mes, no que se celebrou o “Día Internacional do Libro Infantil”; continuaron o pasado xoves, 19, coa conferencia de Emilio José Ínsua López, titulada “A sociedade de instruccción VIVERO Y SU COMARCA. Unha cala no papel dos indianos no panorama educativo e cultural do seu tempo”, que chegou ao noso Concello a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no seu programa de actividades para Bibliotecas, denominado “Letras Vivas”, no seu apartado de Creación.
Finalmente, no día de hoxe, e servindo como peche na data máis importante para o libro, “23 de abril: Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor”, vimos de poñer en marcha unha experiencia no noso Concello, denominada “bookcrossing”, unha “solta ou liberación simbólica de libros”, que consiste en deixar libros en lugares públicos, para que as persoas que os atopen, os poidan ler e desfrutar, para, unha vez rematados, volver soltalos e que sigan o seu percorrido polo mundo. Nesta ocasión, a experiencia realizouse con títulos dirixidos a público infantil e xuvenil, que se liberaron en diferentes lugares do Concello.
A escolma de exemplares que se “liberaron”, realizouse coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal “Juana de Ibarbourou” e a Biblioteca Escolar do C.E.I.P. “Juan Rey” de Lourenzá.
A finalidade última desta actividade é a de fomentar o hábito lector dende as máis tenras idades, coa idea de que o gusto pola lectura se manteña ao longo de toda a vida; presentando os libros fóra de lugares onde é habitual atopalos,
xa que a “liberación” dos mesmos pódese producir en calquer lugar ou espazo público.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



