CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares,detectou un conflito entre Burela e San Ciprián despois de que en Burela celebran co aparente éxito unha cita gastronómica de exaltación do ourizo de mar “similar a que se vén facendo na localidade cervense de San Ciprián desde fai 18 anos”. Asegura Villares que “é como si agora nós decidimos organizar unha bonitada, aproveitando o atractivo deste produto, nas semanas previas á festa do bonito de Burela”.
Nota de Prensa
O Concello de Burela promoveu a súa xornada de exaltación gastronómica en datas previas á celebración da XVIII edición festa do ourizo de San Ciprián -que terá lugar o vindeiro sábado 14 de marzo- o que pode dar lugar a unha redución na afluencia de público e turistas na degustación san cibrense
VILLARES DARÁ TRASLADO AO ALCALDE DE BURELA DO SEU MALESTAR POLA CELEBRACIÓN DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO OURIZO
• O primeiro edil de Cervo mantén a esperanza de que esta situación poida reconducirse aplicando o sentido común, pois non ten sentido que cando se trata de exaltar as cualidades gastronómicas dos nosos produtos do mar exista competencia entre municipios veciños “É como si agora días antes da Festa do Bonito ao Concello de Cervo ocúrreselle celebrar una xornada de degustación deste produto. Non ten ningún sentido.”
• A Festa do Ourizo de San Ciprián vén celebrándose desde 1992 e foi declarada de interese turístico galego o ano pasado. Ata o momento, se ten caracterizado pola gran afluencia de público.
Cervo, 04 de xaneiro de 2009.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, solicitará unha entrevista co primeiro edil de Burela, Alfredo Llano, co obxecto de trasladarlle o seu malestar e o dos veciños e veciñas de San Ciprián despois de que desde a corporación municipal burelense se promovera o pasado fin de semana unha cita gastronómica de exaltación do ourizo de mar, de xeito similar ao que se vén facendo na localidade cervense de San Ciprián desde fai 18 anos.
Villares entende que a convocatoria desta festa gastronómica para a exaltación deste produto e en días previos á cita festiva de San Ciprián -que terá lugar o vindeiro sábado 14 de marzo- pode prexudicar á súa festa local declarada de interese turístico galego en xaneiro de 2008. A afluencia de público e visitantes pode reducirse pola proximidade das datas e a identidade do produto obxecto da degustación.
RECONDUCIR A SITUACIÓN
O rexedor municipal de Cervo entende que non existiu ou non mala fe na coincidencia da cita gastronómica de exaltación do ourizo pero entende de sentido común que os distintos concellos non desenvolvan actuacións que poidan supoñer unha competencia entre as distintas citas de interese turístico. “É como si agora nós decidimos organizar unha bonitada, aproveitando o atractivo deste produto, nas semanas previas á festa do bonito de Burela. Non ten ningún sentido e por iso espero que saiban comprendelo, podamos reconducir a situación e traballemos coordinados na promoción dos nosos produtos do mar” -afirma Villares.
BENEFICIO MÚTUO
O alcalde de Cervo lembra que por fortuna o mar en Galicia ofrece unha ampla variedade de produtos gastronómicos de gran calidade e sabor exquisito que poden ser obxecto dunha cita de exaltación gastronómica “sen que teña que ser o ourizo do mar igual que facemos en San Ciprián e en datas similares”. De feito a coincidencia no produto obxecto da festa e a proximidade nas datas de celebración de ambas citas actúa en prexuízo da cita san cibrense.
Villares está convencido de que o alcalde de Burela saberá entender as razóns expostas e saberá actuar en consecuencia. Insiste en que no se trata de provocar polémicas estériles entre un e outro concello senón de aplicar o sentido común e traballar coordinados para que todos poidamos beneficiarnos deste tipo de eventos.
CITA INTERESE TURÍSTICO GALEGO
A Festa do Ourizo de San Ciprián é un evento gastronómico e festivo totalmente consolidado, que este ano celebra a súa décimo sétima edición. Ata o momento a afluencia de veciños e turistas aos establecementos hostaleiros e importante, “ao que debemos sumar a alta participación nas xornadas técnicas sobre a exaltación do produto, que se realizan dentro do programa de actividades da festa”. O alto grado de implicación da veciñanza ten a súa orixe na integración do produto exaltado nos hábitos culinarios da zona. Posto que a vila de San Cibrao está a ser, desde tempo inmemorial, un punto de extracción deste equinodermo para o seu consumo doméstico. Na súa organización colaboran distintas institucións e colectivos, desde o Concello de Cervo ata as áreas correspondentes da Xunta de Galicia e da Deputación provincial, xunto cos hostaleiros da zona e a confraría de pescadores. A Festa do Ourizo leva celebrándose desde o ano 1992 e, ata o momento, non tiña competencia algunha en municipios veciños da nosa comarca.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



