OS RECORTES DO XASTRE
Os malditos recortes son o tres palabras que máis se escoitaron neste recuncho ultimamente. Os xa famosos e odiados recortes, que nos foron impostos por uns estraños entes malignos que se auto denominan os mercados, son simplemente o resultado dos nosos anteriores excesos consumistas, iso si, por falta de cultura do consumo e incitación o mesmo por parte da banca e o estado
Segundo unha interesada e catastrofista teoría, este pais perdería completamente a súa capacidade para decidir libremente a súa política fiscal e os Orzamentos Xerais do Estado, PGE, estaríannolos facendo Merkel e Sarkozy.
A realidade, como case sempre, é moi distinta e moito máis sinxela. En primeiro lugar, ninguén ten a culpa do que nos está pasando, salvo nós mesmos e as nosas circunstancias, que vivimos durante moitos anos moi por encima das nosas posibilidades reais. Fomos uns consumidores compulsivos e endebedámonos irresponsablemente para adquirir moitas cousas que non necesitabamos e que non nos podiamos permitir, pero as facilidades que nos daban as empresas para compralas fixéronnos esquecer que despois había que pagalas. Á súa vez, as empresas endebedáronse cos bancos por encima do razoable e prudente, para financiar os créditos aos consumidores que facilitasen as súas vendas. E os bancos pediron inxentes e eu apostilaría, indecentes, cantidades de diñeiro a outros bancos de fóra, para proporcionar os fluxos de crédito que lles pedían as empresas. Unha imparable espiral de endebedamento que se autoalimentou de tal maneira que a débeda agregada do estado, sumada a débeda pública, as empresas, as familias e os bancos, case se duplicou na última década, pasando do 192 % sobre PIB, en 2000, ao 384 %, en 2011. Medraron todas as débedas, as do Estado e as administracións públicas en xeral, as das empresas, as das familias e as do sistema financeiro, pero as máis que creceron foron as das empresas, que se converteron en verdadeiras adictas ao crédito, co 134%.
Agora, cando algúns propoñemos, no canto dos recortes, para saír da crise, aumentar o gasto público e o consumo interno e acudir máis ao crédito, encontrémonos que non temos esa posibilidade, porque ninguén nos presta ou o fai a un prezo tan elevado, a tristemente famosa prima de risco, que non sería viable economicamente, porque despois non poderiamos devolvelo.
Pois a banca mais afín, como as caixas de aforros galegas foron presa de directivos piratas, chorizos e de xente de mal vivir que a deixaron no esqueleto.
Ese é o verdadeiro motivo dos malditos recortes, que nos devolveron de vez á crúa realidade de que non podemos seguir vivindo como ricos eternamente ou polo menos, moi por encima das nosas posibilidades económicas reais, pero que tampouco son a panacea nin solución o problema, como exemplo: O paro subiu en 365.900 persoas no primeiro trimestre deste ano respecto al trimestre anterior, un 6,9% máis, que xa non son culpa de Zapatero, e a débeda acumulada do mesmo período, mais do dobre que no ano pasado, tampouco.
E xa está, non hai máis, botarlle a culpa agora aos malignos mercados dos malditos recortes, por non fiarse de que podamos devolver o que lles debemos, aos bancos, por prestarnos o diñeiro, ás empresas, por vendernos a crédito o que lles compramos, porque nos deu a gana, ou ás administracións públicas, por endebedarse para prestar os servizos que lles pedimos, non serve de nada, salvo para liberar ao noso inconsciente da pesada carga dunha responsabilidade que non só e nosa.
Otero Regal




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



