A portavoz na materia, Emma Álvarez Chao, reiterou “a nosa disposición de negociar cos grupos da oposición aqueles cambios que melloren e fagan máis operativa esta nova lei”
O GRUPO POPULAR SOLICITA QUE A NOVA LEI DE MONTES ESTABLEZA UN PRAZO DE DOUS ANOS PARA QUE AS REPOBOACIÓNS SE ADAPTEN ÁS NOVAS DISTANCIAS ESTABLECIDAS
Álvarez Chao apuntou que, entre as 38 emendas presentadas, “solicitaremos que se incorpore a posibilidade de poder constituír enclaves de ata 5 hectáreas só con frondosas caducifolias en terreos rústicos de uso agrícola abandonados”
Santiago, 29 de abril de 2012.- O Grupo Parlamentario Popular solicitará que na nova Lei de Montes de Galicia se estableza un prazo máximo de dous anos para que as repoboacións se adapten ás novas distancias marcadas na norma. A voceira na materia dos populares, Emma Álvarez Chao, apuntou que “tamén solicitaremos que se incorpore a posibilidade de poder constituír enclaves de ata cinco hectáreas unicamente con frondosas caducifolias en terreos rústicos de uso agrícola que estean abandonados, ao tempo que demandamos unha especial protección para os enclaves de frondosas caducifolias, para o que propoñemos que se consideren como monte as superficies a partir de unha hectárea con estas especies arbóreas”.
Álvarez Chao manifestou que o Grupo Popular presentou un total de 38 emendas ao proxecto de Lei de Montes de Galicia, que recollen aportacións feitas por sindicatos agrarios e asociacións forestais. “O noso ánimo é de sacar adiante esta norma co máximo consenso social e político, polo que reiteramos a nosa disposición de negociar cos grupos da oposición aqueles cambios que melloren e fagan máis operativa esta nova lei para que poida cumprir os seus obxectivos: sacar un mellor rendemento á nosa riqueza forestal e fixar poboación no rural galego”, puntualizou.
A portavoz do Grupo Popular salientou a proposta para que as repoboacións existentes á entrada en vigor da nova Lei de Montes teñan un prazo de dous anos para adecuarse ás novas distancias establecidas nesta normativa. “Deste xeito, clarificamos as distancias de plantación dunha vez por todas, aportando seguridade xurídica, axudamos na prevención de incendios e melloramos as infraestruturas de explotación e o seu mantemento”, manifestou.
MONTE DE FRONDOSAS DE UNHA HECTÁREA
Unha das emendas presentadas polos populares propón unha modificación do artigo 2 do proxecto de Lei, referido ao concepto do monte ou terreo forestal. En concreto, incorpórase a posibilidade de que sexan considerados como monte aqueles enclaves de masas de especies forestais de frondosas cunha idade media de polo menos 10 anos que ocupen unha superficie mínima de unha hectárea. Emma Álvarez subliña a “importancia deste cambio polo seu valor ecolóxico, paisaxístico e cultural, xa que a norma deixaba estas pequenas representacións de fragas nun baleiro legal”.
Outra das cuestións que pretende modificar o Grupo Popular refírese á posibilidade de que en terreos rústicos de uso agrícola se constitúan enclaves de ata cinco hectáreas de superficie arborada utilizando unicamente frondosas caducifolias. Esta situación poderá levarse a cabo en terreos que estivesen en estado de abandono e adscritos a un banco de terras agrarias ou instrumento semellante por un período mínimo de dous anos. Emma Álvarez sinala que esta medida permitirá “incrementar a biodiversidade, así como a produción de madeiras de calidade nos nosos bosques”.
BENEFICIAR SEMPRE AO ADMINISTRADO
Álvarez Chao tamén fixo referencia a outras emendas presentadas polo Grupo Popular ao proxecto de Lei de Montes, entre as que se recolle que o silencio administrativo nas solicitudes de autorización debe beneficiar sempre ao administrado ou que se consideren de alto valor natural os montes xestionados sostiblemente, aos que se lles facilitará as posibles vías de financiamento.
Por último, outras emendas presentadas polo Grupo Popular acentúan na clarificación de usos e ordenación do territorio con posibilidade de acollerse ás axudas ou na incorporación de novidades para facilitar o pagamento de débedas dos propietarios coa Administración, sobre todo aqueles que teñen actualmente contrato de xestión pública e queiran rescindilo.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



