A Mariña lucense conta con catro concellos nos que están declaradas áreas de rehabilitación: Lourenzá (ARI Casaco Antigo), Mondoñedo (Casco Histórico e barrios históricos de S. Lázaro e Os Muiños), Ribadeo (ARI Casco Histórico da Vila e Núcleo de Rinlo) e Viveiro (Casco Histórico)
BALSEIRO ASEGURA QUE A XUNTA TRIPLICOU AS ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS REALIZADAS POLO ANTERIOR BIPARTITO EN TODA A LEXISLATURA
O deputado popular rexistrou unha pregunta parlamentaria para coñecer as actuacións concretas desenvolvidas na Mariña lucense e impulsadas pola Xunta de Galicia e as que teñen previsto executarse no futuro.
Balseiro animou ao actual Goberno galego a “afondar máis neste tipo de programas de rehabilitación, porque son fundamentais para fixar poboación no rural e manter o noso patrimonio arquitectónico.
A Mariña, 12 de maio de 2012.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou hoxe que o actual Goberno galego xa triplicou as actuacións de rehabilitación de vivendas levadas a cabo no conxunto da comunidade en comparación co anterior Goberno bipartito. Galicia é -segundo explicou Balseiro- “a comunidade autónoma pioneira en materia de rehabilitación e recuperación con máis de 10.600 actuacións proxectadas dende o ano 1996 que se traduciron nun investimento de preto de 200 millóns de euros”.
Balseiro gabou o esforzo inversor da Xunta nesta materia e adiantou que, co obxecto de coñecer os proxectos concretos impulsados na Mariña lucense, vén de rexistrar unha iniciativa na Cámara galega na que interpelará aos responsables da Xunta sobre cantas foron as actuacións de rehabilitación executadas nesta comarca e a canto ascendeu o investimento achegado para as distintas actuacións executadas nesta zona.
ÁREAS DE REHABILITACIÓN
No caso da Mariña de Lugo as zonas nas que se está a traballar en materia de rehabilitación correspóndense cos catro concellos nos que están declaradas as respectivas áreas de actuación: Lourenzá (ARI Casaco Antigo), Mondoñedo (Casco Histórico e barrios históricos de S. Lázaro e Os Muiños), Ribadeo (ARI Casco Histórico da Vila e Núcleo de Rinlo) e Viveiro (Casco Histórico)
A maiores, nas últimas datas o Goberno galego vén de anunciar a decisión de reforzar aínda máis a súa aposta pola rehabilitación cun novo investimento de 34 millóns de euros para 2.500 novas actuacións nas áreas de rehabilitación integral dos concellos galegos, o que supón un incremento do 37% do investimento con respecto ao Plan de Rehabilitación do exercicio 2011. Balseiro quere conocer, e inclúe tamén unha pregunta neste sentido, cantos destes proxectos serán executados na Mariña lucense.
FIXAR POBOACIÓN E MANTER O PATRIMONIO
O parlamentario mariñán subliñou que, “coa actual situación económica que estamos a vivir, é máis importante que nunca falar de rehabilitación de vivendas”. De feito, salientou a importancia destas actuacións, que non so permiten mellorar de forma substancial as condicións de vida dun importante número de familias galegas senón que facilita a permanencia da poboación residente en zonas, como os cascos históricos das cidades ou as zonas rurais dalgúns municipios, que doutra maneira poderían verse despoboados en favor doutras zonas residencias. Ademais disto a rehabilitación contribúe, segundo explicou Balseiro, a manter o noso patrimonio arquitectónico.
Por todos estes motivos, o deputado mariñán animou ao actual Goberno galego a “afondar máis neste tipo de programas de rehabilitación, e lembrou que “o PP está a demostrar que é capaz de facer programas axeitados á realidade galega e non elucubracións e proxectos ineficaces como o anterior bipartito”.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



