ÉXITO DO FÚTBOL MARIÑÁN NAS CATEGORÍAS BASE
Rematada a tempada regular do futbol-11, nas categorías base a nivel provincial, quero dende estas liñas felicitar a todo-los equipos participantes nas distintas categorías(infantís, cadetes e xuvenís), resaltando os que conseguiron os seus obxectivos de clasificarse para as promocións de ascenso a Liga Galega e especialmente aos distintos campións provinciais, e que se dá a circunstancia ,de que o mesmo que o ano anterior, volven a ser equipos da Mariña .Así na categoría Xuvenil temos que felicitar a S.D.Burela que rematou a tempada na primeira posición con unha vantaxe destacada e cantando o alirón varias xornadas antes do remate da competición. Os pupilos de Abel fixeron unha campaña extraordinaria. No que se refire á categoría Cadete dicir que o campión foi o Praias de Covas, outro equipo mariñán que se estrea con un título provincial por vez primeira da man de Emilio Rosanes, que está a facer unha gran labor dende hai anos e que agora empeza a recoller os seus froitos. Parabéns para o equipo viveirense polo título provincial acadado con todo merecemento. E para rematar falar do C.D.Foz Infantil, que por segundo ano consecutivo logra o título de campión provincial, esta vez en dura pugna co Vilalbés e o Ribadeo, que estiveron toda a tempada loitando “codo con codo” co equipo focego. Unha xeración magnifica de xogadores, dirixidos maxistralmente por Burunda , que consegue, por segundo ano consecutivo ,clasificar o equipo infantil e o cadete para disputar a fase de ascenso a Liga Galega. Gran traballo do mister focego, ao que hai que felicitar por ese “doble doblete” conseguido. Esperemos que todos eles, fagan unha fase de ascenso exitosa, e logren un pleno mariñán, que xa sería o cumio futbolístico do noso fútbol base mariñán. PARABÉNS PARA TODOS.
Caxé.