O BNG DE FOZ AFIRMA QUE O GOBERNO DO PP ATRACA AOS CONCELLOS COS PLANS DE AXUSTE PARA DARLLO AOS BANCOS
“Ao PP non lle importa que o cidadán sufra; o que lle importa é satisfacer os intereses da banca a toda costa ”
Foz, a 15 de maio de 2012.- O BNG de Foz ratificase na súa decisión de votar en contra do Plan de Axuste presentado polo goberno municipal en marzo, porque cada día que pasa demostrase que representaría unha hipoteca a longo prazo para o Concello, subindo impostos e taxas, recortando servizos públicos, empeorando as condicións laborais dos empregados/as públicos e destruíndo aínda máis emprego.
O BNG xa daquela tiña claro que o Plan de Axuste estaba pensado para que os grandes beneficiarios foran a banca e as grandes empresas, non as pequenas e medianas empresas. E tamén o BNG criticaba a total improvisación do goberno central en impoñer ditos plans, improvisación que o levou a ir modificando continuamente a normativa. Agora demostrase que efectivamente o Goberno do PP actuaba así por mandato da banca e non polo interese común. “Nada lle importa ao PP que a xente sufra, que perda o seu traballo, que se lle suban os impostos ou se lle recorten os servizos sociais e sanitarios. O que realmente lle importa é satisfacer os intereses dos bancos e do capital” di Xan Carlos González Basanta, o portavoz municipal do BNG.
Pero é que ademais o Goberno do Estado actuou con total impunidade e engano, deixando aos Concellos totalmente abandonados á súa sorte. Todos os concellos que aprobaron o seu plan de axuste fixérono pensando en pagar uns intereses que agora modifican e aumentan nada menos que case en 2 puntos. Pasan do 5,5% como se prevía nun principio e polo que os concellos fixeron os cálculos, a un 7,25% de xuros. É unha auténtica tomadura de pelo que o Estado obrigue aos Concellos a contratar un crédito cos bancos a un interese e despois o aumente”.Poñendo por caso ao concello de Foz, cunha débeda de 1.233.365 €, suporíalle máis de 500.000 euros de intereses ao longo dos dez anos, máis de 80 millóns das antigas pesetas, que poderían valer para crear emprego, ampliar a axuda do fogar a máis familias ou empezar a construción da residencia. “É unha desvergoña que os bancos, en complicidade co goberno do PP, cobren aos concellos o 7,25% de interese cando reciben millóns de euros dos bancos centrais europeos ao 1%. Non hai dúbidas para quen traballa o PP” asegura Basanta.
Para o BNG tampouco é de recibo que non haxa constancia a estas alturas de cal vai a ser opción que se lles da aos concellos que non aprobaron o Plan de Axuste –como o de Foz- ou que non pasaron o “test” do Estado. O PP no goberno está “esperando ordes dos mandamases” que segundo parecen pasan pola retención ao Concello de Foz do 50% da recadación na participación dos tributos do Estado que ascenderían ao ano sobre uns 700.000 €, sen darlle ningunha outra posibilidade de pago. Tampouco sabemos cales van a ser os xuros que imos a pagar todos os veciños e veciñas de Foz por adiantar desta maneira o pago. “Espero que o Estado non as tome cos concellos que non quixeron entrar polo seu aro porque entón xa estariamos falando de “terrorismo institucional””, aseverou Basanta.
De calquera forma o BNG pensa que Foz saíu gañando con a súa decisión e está satisfeito por non votar un Plan de Axuste que como se ve agora hipotecaba ao Concello e facíalle pagar máis de 500.000 euros de xuros aos bancos á parte de impoñerlle unhas medidas que supuñan máis subas de impostos e taxas -como o IBI, taxa da auga, imposto de vehículos, taxas por escolas deportivas, etc.-, os recortes e privatizacións de servizos sociais e a nula creación de emprego durante o tempo de financiamento do préstamo.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



