Besteiro presenta a súa candidatura á Secretaría Provincial, avogando por un “liderado compartido, de abaixo arriba”
– O candidato do PSdeG-PSOE na provincia, defendeu publicamente que, ante o maior desmantelamento do Estado de Benestar de toda a democracia protagonizado polo PP, “as persoas necesitan máis ca nunca ó Partido Socialista. En Europa, en España, en Galicia e en Lugo”
– Coincidindo co día no que hai un ano revalidou o cargo de Presidente da Deputación, Besteiro anuncia que concurre á Secretaría como “un militante máis” e porque “os socialistas da provincia podemos facer posible o que a dereita cre que non se pode facer”
– Voltar a ser a referencia política no país, loitar en Lugo contra o que non é xusto, afondar no fortalecemento interno do partido e sumar ós progresistas nun proxecto de centro-esquerda galeguista, obxectivos fixados polo candidato á Secretaría Provincial
O candidato á Secretaría Provincial do PSdeG-PSOE en Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este martes a súa candidatura a dito cargo orgánico, que será sometida a votación esta fin de semana polos 103 delegados, avogando por “un liderado compartido, de abaixo arriba”. Gómez Besteiro sinalou que a presentación neste día non era casual, pois hoxe cúmprese un ano dende que revalidou o seu cargo como máximo mandatario no organismo provincial, ó tempo que anunciou que concurre á Secretaría como “un militante máis, o mesmo que comezou a formar parte desta formación política a principios dos noventa cando, ó igual que acontece na actualidade, os socialistas atravesaban unha das etapas de meirande dificultade”.
Nun formato ata o de agora non utilizado, o candidato socialista decidiu comparecer perante ós medios de comunicación acompañado do militante máis antigo da provincia, Manuel Villasol -un histórico da Montaña que forma parte dos socialistas de Lugo dende hai máis de 40 anos-, así como dunha das máis xóvenes que, cando celebrou a maioria de idade, fíxoo sacando o carné de Xuventudes Socialistas, Leticia Seara. “Son dúas persoas que demostran que a provincia ten canteira por riba e por abaixo. Representan como nos socialistas de Lugo teñen cabida persoas de todas as idades, de todas as xeracións. Persoas correntes que son capaces de facer cousas extraordinarias cando nos poñemos man a man. Persoas coma elas, serán a base da miña candidatura”. Así mesmo, elexiu para a presentación da súa candidatura o contorno do río Miño, ó carón da antiga Fábrica da Luz, xa que “o Miño simboliza a forza desta provincia e representa a reivindicación do noso”.
O candidato sinalou que, igual que hai un ano, os lugueses fixeron posible o que a dereita dicía que non se ía poder facer. Hoxe creo que os socialistas da provincia podemos facer posible o que a dereita cre que non se pode facer”. A este respecto, destacou que “as persoas necesitan máis ca nunca ó Partido Socialista. En Europa, en España, en Galicia e en Lugo”. Para Besteiro “non só por ideoloxía nin por principios, senón porque o Estado de Benestar é a única garantía que teñen aquelas persoas con menos recursos de abrirse camiño en igualdade de condicións”. O candidato afirma que “non é certo que só se poida saír da crise pola dereita, renunciando a uns dereitos que as nosas familias conquistaron con moito esforzo. Co desmantelamento do Estado de Benestar uns poucos serán máis ricos e o resto máis pobres”.
Así mesmo, engadiu que, precisamente, o Estado de Benestar é a única ferramenta para manter a cohesión da sociedade e o mantemento dunha estrutura social non polarizada. “Noutras palabras: co desmantelamento do Estado de Benestar, aqueles que tanto contribuiron a elos, estoume a referir ás
“Non é economía, é ideoloxía”
Gómez Besteiro tamén denunciou que “o que fai esta neodreira non é austeridade, non é economía, é ideoloxía”. Neste senso, manifestouse en contra da “dereita anti-dereitos adopte a estrataxema de culpar á cidadanía de todo o ocurrido. Porque.. que maior dereito pode ter unha persoa que o dereito ó traballo?, e á educación?, e á sanidade pública?, e ás medicinas polas que cotizou toda a vida?, ós servizos sociais….?. Non podemos asumir isto como algo xusto, igual que non asumimos a dobre linguaxe da dereita, esa que agocha o que realmente quere dicir”.
Un Partido renovado, con obxectivos e propostas claras
Os principais obxectivos do candidato á Secretaría Provincial se sae elexido polos delegados da provincia que exercerán o seu dereito ó voto son os seguintes:
PRIMEIRO: Preséntomes para que o PSOE volva a ser a referencia política no noso país. “Dalgunha maneira non soubemos chegar ás persoas e as persoas distanciáronse de nós. Deixamos de ser a súa referencia e perdemos o seu voto, o que sen dúbida estivo a punto de crearnos unha crise de identidade. Darannos a súa confianza se somos capaces de chegar a eles e para iso primeiro eles teñen que identificarse con nós e nós con eles. Temos que reactivar ese vínculo”, engadiu.
SEGUNDO: Preséntome para loitar en Lugo contra o que non é xusto. Neste caso, Gómez Besteiro subliñou que “creo no Socialismo comprometido co cambio social, coas persoas, non cos clientes, como as consideran outros….”, ó tempo que manifestou o seu compromiso para atallar problemas singulares da provincia como o despoboamento, a dispersión xeográfica, a falta de relevo xeracional, autónomos e emprendedore ós que non se lles permite chegar ó crédito, ou que existan case tantos pensionistas como cotizantes, e que os gandeiros afogados mentres que os pescadores están secos”. Neste senso, engadiu que “imos traballar cada un dos días que temos por diante para conseguir o cambio por devolverlle a esperanza ás máis de 351.000 persoas que viven na nosa provincia, devolver a esperanza ás familias”.
TERCEIRO: Preséntome para afondar no fortalecemento interno do partido que nos permita un proxecto maioritario de goberno porque “se ben a forza dun partido son os seus votos, para min tamén o é a capacidade de propoñer, de convencer, de sumar, en definitiva, a capacidade de liderar. O socialistas non temos medo á rexeneración. Nós cremos na democracia de partidos. Pero, por riba deso, cremos na democracia dentro dos partidos”. Gómez Besteiro recoñeceu que leva moitos meses de traballo en silencio, escoitando, tomando nota do que temos que mellorar, percorrendo a provincia de abaixo arriba para saber que se espera desta nova etapa do Partido Socialista.
CUARTO OBXECTIVO: Preséntome para sumar ós progresistas en torno a un proxecto de centro-esquerda galeguista, no que os xóvenes terán un papel crucial. Os problemas que teñen os lucenses e os galegos son diferentes ós que teñen os habitantes doutras zonas de España “aínda que o primeiro dos galegos, o Presidente Feijóo, nos queira tratar como se non houbesen diferenzas. Ademais do ataque que se lle fai á lingua neste país por parte da neodereita -supostamente amable e enrrollada, sen corbata, pero terriblemente dura- nós si podemos poñer unha “G” con maiúsculas á nosa acción de goberno. Hai xente que agarda que demos ese paso para incorporarse ó noso proxecto. Estamos dispostos a sumar ós progresistas que, hoxe son moitos pero están divididos, e facelo en torno a un proxecto de centro-esquerda e profundamente galeguista. Queremos contar cada vez con máis xente, recuperar a confianza dos que algún día deixaron de apoiarnos, pero tamén de todos aqueles que se sinten progresistas pero que nunca nos votaron”.
Desenvolvemento do 2º Congreso Provincial
Gómez Besteiro encabezará a principal lista do que é o segundo congreso provincial, que se celebrará os vindeiros días 26 e 27 da maio, no Hotel Torre de Núñez. No primeiro, celebrado en 2009, saíu elexido o socialista Ricardo Varela co 91% dos votos. O programa do encontro é o seguinte:
Día 26 de maio
9:00-10:30h. Acreditacións
11:00 h. Apertura 2º Congreso Provincial
12:00 h. Informe de Xestión
14:00 h. Xantar
16:00 h. Constitución das Comisións de Traballo
16:30 h. Proclamación de candidaturas á Secretaría Xeral e intervencións dos/as Candidatos/as diante do Plenario
17:00 h. Votación de Secretario/a do PSdG-PSOE
18:00 h. Constitución do Plenario: Proclamación de Resultados da Votación de Secretario/a Xeral
19:00 h. Plenario, presentación e aprobación das resolución das Comisións de Traballo
Día 27 de maio
11:00 h. Votación de candidaturas aos Órganos Provinciais
12:00 h. Constitución do Plenario
Proclamación de resultados
Sesión de clausura do 2º Congreso Provincial
Currículum do candidato
José Ramón Gómez Besteiro naceu o 15 de novembro de 1967 en Lugo, sendo o menor de tres irmáns. Ten 44 anos e dous fillos. É Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Dende moi novo sempre tipo claro que quería pertencer ó Partido Socialista polo que fíxose militante ó rematar os seus estudos universitarios en Santiago. Con 31 anos, cando estaba exercendo a súa profesión como avogado nun despacho propio, tivo que deixalo para formar parte do primeiro Goberno progresista na historia democrática da cidade luguesa tras décadas de gobernos populares.
Entre 1999 e 2007, foi Voceiro do equipo de goberno no Concello de Lugo, Concelleiro de Urbanismo e Deputado provincial. O 14 de xullo do 2007, Gómez Besteiro convertíase no primeiro militante do Partido Socialista de Galicia que presidía a Deputación de Lugo. No mandato quedaron saldadas as grandes débedas históricas que arrastraba a institución como o pago do canon hidroeléctrico, a transferencia dos hospitais ó SERGAS, a creación da UNED e a posta en marcha da rede provincial de parques de bombeiros, ademais dunha total apertura da Deputación á cidadanía e ós Concellos nunca antes experimentada.
A singularidade de ser o primeiro socialista que presidía a Deputación aínda o foi máis, se cabe, nos comicios municipais de 2011. Lugo foi o único caso en España no que o PSOE acadou tanto o Goberno da provincia como o da capital, sendo, ademais, un dos oito gobernos provinciais en todo o Estado liderados por un Presidente socialista. Gómez Besteiro revalidaba entón o apoio dos cidadáns, sendo o único socialista que na actualidade dirixe unha Deputación en Galicia.
Gómez Besteiro entrou a formar parte este mesmo ano, en febreiro de 2012, no Comité Federal do Partido Socialista, ó tempo que manifestou que a súa etapa á fronte da Secretaría Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE chegaba ó seu fin.
Recoñecido é seu talante conciliador e negociador; a súa proximidade acentuada polo sentido do humor; e un carácter resolutivo e dinámico que non lle impide calcular as situacións para non precipitarse.
Lugo, 22 de maio de 2012





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



