O PP local advirte que o bipartito, ten previsto levar o proximo pleno (que agora retrasou sen data) a aprobación provisional do PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL
O Grupo Municipal Popular considera inconcedible que o retraso do pleno se deba a unhas consultas coa dirección xeral de urbanismo, sobre o Plan xeral, cando o documento leva no concello dende o ano 2010. O retraso débese a unha falta de planificación e de deixadez con este tema.
Candia explica que o compromiso do pp local e un traballo riguroso de información sen escatimar en esforzos para que todos os mindonienses teñan a información puntual, para iso ten previsto reunions de traballo e apoio con medios para contar con puntos de información.
Mondoñedo, 26 de maio de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo repulsa a falta de planificacion na administración local mindoniense, logo que ser informados por parte do señor Alcalde do retraso sen data da sesión ordinaria do pleno de maio, xustificando este retraso nas consultas sobre o PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL que ten previsto aprobar provisionalemente no proximo pleno. A falta de planificacion é evidente e tamén a falta de traballo, se temos en conta que pola información que obra no noso poder, este documento, o PXOM, esta en poder do concello dende o ano 2010.
As preocupacions do equipo de goberno distan bastante das preocupacions dos mindonienses, e as actitudes que reflexan son mostras claras de tal afirmación.
A actividade municipal móvese a golpe de pleno extraordinario.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



