A asociación de Mullares Rurais da Pontenova realizou unha viaxe o pasado fin de semana á Rioxa e visitaron Haro, Santo Domingo da Calzada, o mosteiro de Suso e Yuso en San Millan da Cogolla e o veciño pobo do Pais Vasco de Laguardia. Nun ambiente relaxado e distendido tamén houbo tempo para pasearse polos bares de Haro e saborear os seus excelentes viños. Xa o domingo realizaron unha cata nunha coñecida adega de Briones. Poden ver máis fotos na paxina web viajeslucus.com
