JORQUERA COMPROMETE O APOIO DO BNG PARA ASEGURAR A CONTINUIDADE DE ALCOA NA MARIÑA
Reclama do Goberno Central unha tarifa eléctrica a prezos competitivos e do Goberno da Xunta que cumpra o seu compromiso co gasoducto até a factoría
O candidato do BNG á presidencia da Xunta reuniuse con representantes dos traballadores da factoría principal e das industrias auxiliares
San Cibrao, 4 xullo 2012.- O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, comprometeu o apoio do BNG para asegurar a continuidade da fábrica de Alcoa na Mariña.
Jorquera, acompañado do vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel comarcal do BNG, Antonio Veiga, mantivo esta mañá unha reunión con representantes dos traballadores da empresa principal e das auxiliares para analizar a situación da factoría.
O candidato nacionalista recoñeceu que “existe unha preocupación entre os traballadores porque hai unha serie de factores que poñen en risco a continuidade de Alcoa na Mariña”, unha factoría que é o gran sostén económico da comarca, pois xera máis de 2.000 empregos directos e representa preto do 34% do PIB da provincia de Lugo.
Tarifa eléctrica e gaseoducto
En concreto, Francisco Jorquera lembrou que “Alcoa está afectada negativamente polas modificacións no réxime da tarifa eléctrica que se aprobaron no Estado, e a fin de ano vence o actual contrato co subministrador eléctrico”.
Neste sentido, anunciou que “o BNG considera imprescindíbel que se asegure que os grandes consumidores eléctricos como ALCOA sigan tendo unha tarifa preferente que non lles represente máis custos, porque simplemente a electricidade representa o 40% dos custos de produción de ALCOA e unha tarifa eléctrica competitiva é imprescindíbel para o mantemento da actividade na factoría”.
Outro dos asuntos que se analizou na reunión foi o do subministro de gas, imprescindíbel para substituír ao fuel-oil que alimenta as caldeiras de ALCOA, polo gas, máis barato e menos contaminante. Neste sentido, Francisco Jorquera amosou “a preocupación do BNG porque o gaseoducto para fornecer o gas a ALCOA non avanza, malia que o goberno do PP na Xunta comprometeuse hai un ao que no prazo dun ano estarían avanzadas as obras, pero estas nin sequera se iniciaron”.
Evitar a deslocalización de ALCOA da Mariña
O candidato do BNG á presidencia da Xunta advertiu de que estes dous problemas “prodúcense nun contexto no que ALCOA está intentando deslocalizar a súa actividade”. Así, lembrou que as factorías da Coruña e Avilés sufriron un recorte na produción do 50%, hai sendos ERE´s que afectan aproximadamente ao 50% do cadro de persoal, mentres ALCOA está facendo un forte investimento noutros países, como Arabia Saudita, onde vai contruir una factoría que terá o triple de capacidade de produción que a de San Cibrao.
Por iso, Francisco Jorquera subliñou que “o BNG considera imprescindíbel que se adopten todas as medidas necesarias para evitar a deslocalización de ALCOA, e para que siga producindo ao 100% da súa actividade na Mariña, pois é fundamental para a economía da comarca”.
Iniciativas do BNG no Congreso dos Deputados
Ante esta situación, Jorquera lembrou que “no Parlamento de Galiza houbo acordos unánimes para apoiar a continuidade da actividade de ALCOA na Mariña, pero non se fixo nada a nivel de Estado”.
“Polo tanto -anunciou-, como portavoz do BNG no Congreso comprométome a trasladar estas demandas ao ámbito do Estado para que sexan tidas en conta polo Goberno, especialmente no relativo a prezos da electricidade”.
O candidato do BNG á presidencia da Xunta concluíu que “igual que hai políticas que discriminan positivamente na tarifa eléctrica a rexións como as illas Canarias, tamén se debe contemplar que en Galiza, e en especial na Mariña, hai grandes industrias como ALCOA para as que dispor de enerxía a prezo competitivo é fundamental para que podan manter a súa actividade no noso país”.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



