O Colectivo Cultural Buril participará na limpeza de praias que se realizazrá de jeito simultáneo na costa galega este 8 de Junho, coincidindo com o dia mundial dos Oceanos. Nesta actividade, coordenada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, participarám mais de 20 entidades de todo o País, entre as que se acham distintos colectivos da Marinha.
O Buril, coincidindo com esta data, realizará a limpeza do coído do Perdouro e distintas zonas do Berbês, debido ao alto interesse que tem este espaço polo seu valor natural, geológico e paisagístico. A limpeza será realizada de jeito manual e selectivo, sem a utilizaçom de maquinária pesada e tendo especial cuidado com a fauna e a flora existentes, seguindo em todo o momento um protocolo de actuaçom facilitado pola ADEGA.
——————————————————
O Colectivo Cultural Ollomao chama á participación na “Limpeza de praias” no Día Mundial dos Océanos.
A actuación en Barreiros terá lugar o venres, 8 de Xuño, ás 19:00h. na Praia de Arealonga.
Baixo o lema Únete e limpa a túa Praia!, ADEGA vén de convoca a entidades das provincias costeiras que farán unha limpeza simultánea este venres, 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos. Con esta iniciativa, preténdese reivindicar a necesidade de coidar os medios naturais e evitar a agresividade co medio mariño, que tan grave perigo supón para a fauna e a flora.
O compromiso do Colectivo Cultural Ollomao co medio natural así como coa necesidade da posta en valor deste, levou a esta entidade a sumarse a esta iniciativa organizando unha limpeza no concello de Barreiros, lugar do cal destaca a calidade orixinal dos seus areais dispostos ao longo de máis de 7 quilómetros.
A actuación en Barreiros, á cal poderán sumarse todas as persoas que así o desexen sen ser preciso apuntarse por adiantado, terá lugar o 8 de Xuño, ás 19:00h. na Praia de Arealonga (Reinante). Dende Ollomao convidan a todas as persoas a tomar parte nesta iniciativa e a sumar esforzos que contribúan a unha concienciación polo coidado do noso entorno natural.





















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.



