Manifesto 12 Xunho contra o Resgate. Un roubo ao pobo. Referéndum XA!
Amigos e amigas, queremos expresar hoxe aquí a nosa xusta indignación e a nosa firme oposición perante o resgate ao Estado español.
Este resgate é un roubo ao pobo e unha monumental estafa
O resgate vai significar a entrega de 100.000 millóns de euros á banca para que esta poda pagar as súas débedas e sanear os seus balanzos.
Será o pobo quen pague a factura, en forma tanto de xuros abusivos como de novos recortes e de novos ataques contra os dereitos sociais e nacionais de Galiza.
Chove sobre mollado. A banca privada xa recibiu do Estado español 150.000 millóns de euros desde que comezou a crise. Ese diñeiro non foi empregado para reactivar a economía, senón para que os bancos continuasen coas súas actividades especulativas. Así substituíron a burbulla inmobiliaria por unha nova burbulla, a burbulla da débeda.
E un roubo e tamén unha burla ao pobo porque o Goberno do señor Rajoy ten a enorme caradura de tentar vendernos esta estafa como un grande logro.
Un poderoso aparato de propaganda, do que infelizmente fan parte a TVG e a RG, pretende enganar á sociedade con mentiras masivas sobre o resgate. Queren facernos crer que o resgate non vai levar aparellados novos recortes nos dereitos sociais.
Mais a sociedade debe saber que a UE vai pór durísimas condicións a cambio do resgate da banca.
Durísimas condicións non para a banca, senón para o pobo. A suba do IVA. Despedimentos aínda máis baratos. Máis copagos sanitarios. Menos profesores. Máis nenos e nenas por aula. O adiantamento da xubilación aos 67 anos.
Durísimas condicións que ameazan tamén con levarse por diante o sistema financeiro galego. A UE quer novas fusións. Ou sexa, o plan é que Novagaliciabanco sexa absorbido por Bankia. Roúbannos o noso aforro e o presidente da Xunta de Galiza aplaude aos atracadores.
Amigos e amigas, a sociedade ten dereito a saber que o Estado español si está intervido de facto e debe saber que as finanzas, a economía e a fiscalidade van estar dirixidas pola troika do Banco Central Europeu, o Fondo Monetario Internacional e a Comisión Europea.
Esa troika vai gobernar o Estado para beneficiar exclusivamente os intereses da grande banca, que poderá continuar a funcionar como viña funcionando até agora.
O único que lle interesa á troika é abrir novos espazos de negocio para ese capital privado. Por iso irán a polos nosos dereitos laborais, a polas nosas pensións, a pola nosa educación, a pola nosa sanidade.
Amigos e amigas, o Goberno Rajoy non ten lexitimidade democrática para actuar como o está a facer.
En Democracia non se pode comprometer o benestar dun pobo sen abrir un profundo debate social. Exiximos ese debate con toda transparencia. Exiximos o dereito a decidir. A sociedade ten dereito a decidir se aceita ou non as condicións que lle pon a Unión Europea ao Estado español porque vai ser a sociedade quen pague a conta.
Iso en Democracia chámase referéndum.
O BNG pide ese referéndum. Un referéndum sobre o resgate. Un referéndum para restituírmos a Democracia no Estado -tan danada desde que estourou a crise- e para dicermos non ao resgate.
As políticas dos resgates xa vimos o que deron de si en Grecia, Portugal e Irlanda. Aprofundaron a recesión, criaron máis sufrimento social, máis paro, máis destrución do aparato produtivo e máis desigualdades.
Queremos referéndum e queremos que se depuren as responsabilidades da enorme catástrofe social que vivemos. Non se poden criar buratos tan xigantescos como os xerados pola banca privada, buratos que temos que pagar entre todos, sen que se identifique aos responsábeis.
Por iso o BNG volta a solicitar a constitución de comisións de investigación quer no Parlamento Galego quer no Congreso.
Que se reforme se for preciso o Código Penal, pero os responsábeis teñen que ser castigados.
Caso de que o PP continúe vetando esas comisións de investigación, o BNG promoverá unha Auditoría Social para que coñezamos como chegamos até aquí, en que estado realmente se atopa o sistema financeiro e que tipo políticas provocaron a crise.
Porque outras políticas son posíbeis e existen. Hai alternativas. As do Bloque Nacionalista Galegas. Políticas e alternativas que, de se poren en práctica, porían fin ao saqueo ao pobo e farían xustiza social.
Fronte ao dominio da banca privada só interesada na especulación, Banca Pública Galega para reactivar a economía e criar emprego.
Fronte a un Banco Central Europeu que é o corazón da especulación financeira na Unión Europea, un novo Banco Central Europeu ao servizo dos pobos e non dos bancos.
Fronte ao dominio imperial de Alemaña dentro da Unión Europea dos Estados, a soberanía dos pobos como Galiza para construír unha nova Europa, democrática, social, das nacións.
Amigos e amigas,
É preciso levantármonos fronte a este novo roubo ao pobo. A crise débena pagar aqueles que a causaron e non as maiorías sociais que padecen as súas consecuencias. Non podemos ficar de brazos cruzados. Está en xogo o noso benestar, a nosa calidade de vida. Desde logo o BNG continuará a traballar para defender a sociedade e para conquistar un futuro mellor para Galiza.
















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



