Cervo participa nun proxecto de I+D+i para a experimentación de prototipos de aeroxerador destinados á pequena industria
-As obras para a instalación das máquinas xa comezaron no polígono de Cuíña
-O proxecto permitirá ensaiar e validar uns aeroxeradores en fase experimental, previa á súa comercialización en 2013
Cervo, 15 de xuño de 2012-O polígono de Cuíña, no municipio de Cervo, é o lugar elixido pola empresa enerxética Norvento para a instalación de dous prototipos experimentais de aeroxeradores de 100 kw cada un. Un proxecto de I+D+i pioneiro que botou a andar nestes días co inicio das obras necesarias para a colocación dos xeradores eléctricos. Uns traballos que se desenvolverán en dúas fases ao longo deste ano. A instalación do primeiro aeroxerador está prevista para as primeiras semanas do mes de xullo.
Con esta iniciativa piloto, a compañía pretende ensaiar e validar os prototipos, deseñados e fabricados por Norvento, antes do seu lanzamento comercial en 2013. Unha actuación para a que conta coa colaboración do Concello de Cervo. De feito, a administración local e a empresa asinaran este ano un convenio a través do cal o Concello aluga os terreos nos que se realizará a instalación dos aeroxeradores, permitindo a execución do proxecto. Neste senso cabe destacar que se trata dunha área con poucas posibilidades de aproveitamento debido ao seu carácter escarpado, o que os fai idóneos para a instalación das máquinas. Pero ademais, no acordo establécese que o Concello percibirá unha parte da facturación acadada a través da enerxía xerada polas máquinas.
Os aeroxeradores que se ensaiarán en Cuíña foron ideados para aplicacións de autoconsumo, co obxectivo de mellorar a factura enerxética de consumidores eléctricos medios, como granxas e pequenas industrias.
“Dende o Concello de Cervo estamos moi satisfeitos de poder acoller e apoiar un proxecto de I+D+i vinculado ás enerxías renovables, dous piares fundamentais para o desenvolvemento das sociedades e o crecemento sostible”, explica o alcalde, Alfonso Villares. “A investigación, o desenvolvemento e a innovación son a chave para o progreso, mentres as enerxías limpas como a eólica permiten que as sociedades sigan avanzando respectando o medio ambiente” engade o mandatario cervense. Deste xeito, “agardamos que a colaboración entre o Concello e Norvento sexa produtiva e os prototipos en fase experimental rematen sendo aeroxeradores de utilidade para o tecido industrial” e así “contribuír a estender o aproveitamento da forza do vento en detrimento doutras enerxías non renovables” remata Villares























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



