Voluntariado ambiental na costa galega: conservando as nosas dunas
A Fundación Biodiversidad ven de seleccionar dúas actuacións propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado. ADEGA abre o prazo de inscrición para estas xornadas de voluntariado ambiental.
Ademáis de seguir divulgando a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares, estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral, facilitando ferramentas de conservación. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico destes dous ecosistemas dunares.
A primeira iniciativa seleccionada pola Fundación foi Mares sen plástico: limpeza simultánea de praias que se realizou en toda Galiza o día 8 de xuño (día dos océanos) e que conseguiu mobilizar a 700 persoas en 25 areais dende Nigrán a Ribadeo pola defensa das praias e en contra da contaminación mariña. Agora ADEGA convoca a segunda actividade que leva por lema Conservando as nosas dunas. Trátase de dúas actuacións de voluntariado ambiental que se desenvolverán nos días 5 e 19 de xullo.
O xoves 5 de xullo, as actuacións de voluntariado serán na praia da Corna (Pobra do Caramiñal), onde realizaremos labores de eliminación de flora exótica invasora e limpeza do areal. Esta praia ten un ecosistema dunar ben conservado mais con numerosas ameazas que poñen en perigo tanto a flora como a fauna. Tamén é un dos lugares da nosa costa onde podemos atopar píllara papuda (Charadrius alexandrinus) a cal se atopa en estado vulnerable. Esta actuación dará continuidade aos traballos realizados por ADEGA no proxecto Corna, no que alén de eliminar flora exótica invasora, realizouse unha campaña divulgativa sobre o valor deste ecosistema e a necesidade de protección da píllara das dunas.
A segunda xornada de voluntariado será o día 19 de xullo e se desenvolverá no concello de Porto do Son, co cal ADEGA ten firmado un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello. Esta xornada de eliminación de flora invasora será na praia de Areas Longas traballándose tanto nas dunas como nas lagoas litorais de Xuño e San Pedro de Muro (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo). Darase continuidade aos traballos realizados anteriormente dentro da iniciativa Móllate polos humidais.
Serán actividades gratuítas onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



