A PESARES DA SITUACIÓN ECONÓMICA COMPLICADA POLA QUE ESTÁN A ATRAVESAR TODAS AS ADMINISTRACIÓNS O EQUIPO DE GOBERNO FAI UN BALANCE POSITIVO DA SÚA XESTIÓN NESTE PRIMEIRO ANO DO MANDATO. O OBXECTIVO É MANTER E POTENCIAR OS SERVIZOS BÁSICOS QUE SE PRESTAN Á POBOACIÓN, CON ESPECIAL ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES E ÁS FAMILIAS CON PROBLEMAS DE INTEGRACIÓN SOCIAL OU LABORAL.
Burela, 28 de xuño de 2012. Os concelleiros do equipo de goberno en Burela fixeron tamén un balance exhaustivo do traballo realizado ao longo do último ano polos seus departamentos. Todos insisten na necesidade de manter e potenciar os servizos básicos que se prestan á cidadanía e subliñan a creación de novas prazas de aparcamento, o apoio dado ao comercio e ao sector pesqueiro, os programa de prevención e atención á dependencia ou as campañas de sensibilización medio ambiental feitas nestes doce meses.
O edil de Economía, Industria e Emprego, José Casas, sinalou que “contamos con menos cartos, pero en colaboración con moitas asociacións estamos a facer moitas actividades en Burela”. O equipo de goberno do Concello de Burela considera “un puntal para o sector do comercio a posta en marcha de ACIA Burela porque está facendo moitas cousas para reactivar o comercio e a hostalería con diferentes tipos de accións que se deixan sentir na economía da vila. Este colectivo vai contar co noso apoio ao igual que o sector pesqueiro de Burela”.
Diana Durán, a concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, explicou que “levamos adiante a ampliación progresiva do servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia, así como ás familias con problemas de integración social ou laboral, puxemos en marcha o I Plan Municipal de Integración de Inmigrantes e redactamos a ordenanza municipal de accesibilidade e incrementamos as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida. Tamén instauramos programas de prevención e atención á dependencia: Dalle vida aos teus anos, ximnasia preventiva, fisioterapia a domicilio. Traballamos moito, pero aínda quedan moitas cousas por facer, pero pouco a pouco agardamos ir conseguíndoas”.
Pola súa banda o concelleiro de Obras, Urbanismo, Tráfico e Protección Civil, Manuel Fernández Valle, referiuse á eliminación dalgún tapón urbanístico para facilitar a circulación nalgunhas zonas da vila, “ademais nestes meses procedemos a reordenar as prazas de aparcamento para aproveitar mellor o espazo existente e habilitáronse en terreos particulares novas zonas para estacionar os vehículos”.
Patricia López Eijo, concelleira de Medio Ambiente e Mar, subliñou que “melloramos o sistema de recollida de aceite usado, limpamos distintos vertidos incontrolados detectados nas inmediacións do Monte Castelo e do punto limpo, realizamos varias campañas de sensibilización (reciclaxe, aforro enerxético). Neste primeiro ano noso no Concello efectuáronse melloras no acceso á praia do Penoural ademais de diversas reformas demandas pola confraría de pescadores, conseguimos as bandeiras azuis para os areais de A Marosa e O Portelo e tamén para o centro de educación medioambiental Gaia e para o barco Museo”.
A delegada de Educación, Cultura e Turismo, Mónica Pedre, contou que “fixemos novos rueiros porque se estaba a traballar con fotocopias dos feitos no ano 2006, elaboramos o regulamento de réxime interno da Escola de Música e aumentamos o número de profesores, tamén se incrementou a presenza de coidadores nos comedores escolares, que se manterán para o vindeiro curso, realizáronse varias obras nos centros de ensino de Burela, programáronse actividades extraescolares para conciliar a vida laboral e a vida familiar. Os tempos son os que son, pero o noso obxectivo é manter todos os servizos importantes que lles prestamos aos nenos e nenas e ás súas familias”.
Pola súa banda, Beatriz Piñeiro, concelleira de Xuventude e Deporte, fixo fincapé na continuidade das escolas deportivas municipais de outro a xuño, “neste ano impartíronse dúas modalidades mais que foron ballet e patinaxe artística. Ditas escolas foron gratuítas, algo moi importante nos tempos que corren, ao igual que o son as actividades deportivas de verán; tivemos o día da bici, o día do patín, as noites alternativas, entre outras”.


















Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



