A CIG ENSINO VOLVE A DENUNCIAR O ATRASO DA CONSELLARÍA NO PAGO DOS COMEDORES ESCOLARES
A Consellaría está prexudicando adrede a imaxe do ensino público
A Mariña, 11 de xullo de 2013.- A CIG Ensino quere denunciar novamente os atrasos da Consellaría de Educación no pago das cantidades asignadas aos gastos dos comedores escolares dos centros de ensino da Mariña. A Consellaría leva sen pagar os meses de abril, maio e xuño deste curso rematado. Isto xa se fixo algo habitual con este goberno e con esta consellaría pois a CIG xa denunciara estes atrasos dúas veces durante este curso. Así mesmo tampouco non se lles pagou aínda aos colaboradores deses comedores.
A portavoz do sindicato, Dores Fernández Abel, afirma que esta situación totalmente anómala está provocando que moitos centros se atopen con graves dificultades para poder pagar aos seus provedores. “Á maioría dos centros debéselles entre 10.000 e 20.000 euros pero hai casos aos que se lles debe máis de 40.000 euros. Desta maneira os centros vense moi prexudicados na súa contabilidade e na súa imaxe”. Tanto é así, que algúns centros diante da imposibilidade de pagar teñen que pagar como poden, producíndose un desfase orzamentario á hora de pechar as súas contas con motivo do fin de curso.
Para a CIG Ensino esta situación é inxustificable posto que as cantidades para comedores escolares xa están asignadas nos Orzamentos da Xunta a principios de ano e polo tanto están dispoñibles en todo momento por parte da Consellaría. E ao mesmo tempo é unha actuación irresponsable posto que moitos provedores non poden esperar tanto tempo o cobro polas circunstancias de crise na que estamos. “Hai a empresas de provedores que se lles debe máis de 10.000 euros, consecuencia dunha administración irresponsable e incompetente”, afirma Fernández Abel.
A CIG Ensino acusa á Consellaría de estar continuamente deteriorando a imaxe do ensino público e o seu normal funcionamento, Neste caso, recortando ano tras ano as cantidades para comedores escolares e atrasando sen xustificación o pago desas cantidades poñendo en apuros aos centros de ensino da comarca. Por iso, lle esiximos o pago a mes vencido aos centros de ensino das cantidades por concepto de comedores escolares e que non se siga retrasando por sistema o seu pago tres ou catro meses.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



