A festa do Carme constitue a mais expresiva manifestación das devocións colectivas dos focegos. Cada ano, chegado o 16 de xullo, Foz imprégnase dese hálito emocional que emana da figura sublime da Virxe do Carme, excelsa Patrona dos mariñeiros. A impresionante imaxe venerada na igrexa parroquial, que se eleva salvadora sobre escena de tráxico realismo, atrae hacia Ela a atención fervorosa de quen coñecen da fraxilidade da vida do mar e acaso no mais recóndito do corazón mantén viva a chama dunha fe que ten por Norte á Estrela dos Mares.
Os actos relixiosos centran a festividade e configuran toda unha declaración de pleitesía; e terra, mar e aire únense para cantar de consuno á Nai do Divino Amor. Soan as sirenas dos barcos, vibran as voces que entoan a Salve Mariñeira e as rúas engalánanse coas artísticas alfombras que requeriron o traballo entusiasta de homes, mulleres e nenos que rivalizan noblemente no afán de ofrendar o mellor do seu esforzo e da súa maxinación á Virxe que, trunfante, será paseada polo multicor e mol céspede.
As emotivas vivencias dun pobo que ten no mar o protagonismo da súa historia, acadan o cenit coa interpretación da Salve que a mariñeiría cantaba dende os tempos da fragata “Asturias” (1859) e que, unha Orde de 16 de novembro de 1942 establecía como obrigada nos buques e dependencias da Armada.
O 21 de decembro de 1870 estreábase no madrileño Teatro da Zarzuela a titulada “El Molinero de Subiza”, de Luis de Eguilaz e Cristóbal Oudrid, que ten unha escena na que, ó sair a procesión, solistas e coro cantan “Salve, Estrella de los Cielos…”, Anos despois éstes convértense en “mares” e así nace a Salve Mariñeira. O arreglo musical débese ó Músico Maior de Infantería, Camilo Pérez Monllor. A letra soe sufrir pequenas modifcacións ó interpretarse en distintos lugares, pero en Foz cántase tal e como figura no arreglo musical… “De tu pueblo, / a los pesares /tu clemencia dé consuelo./ Fervoroso llegue al cielo / y hasta ti nuestro clamor…”
Suso Fernández



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



