Os que crean que o papá Estado o pode todo, que baixen xa do burro. É cuestión dun par de anos, iso sábeno mesmo eles, que entre en quebra técnica. A calculada fábula que Solbes foi explicando os últimos anos, nos que unha e outra vez modificou previsións, alarmas e predicións, desmontase definitivamente e xa se atreve a advertir sen que ninguén o increpe, que isto non só vai para longo, senón que vai para moi longo. Non entrarei nas listas de despropósitos que día tras día lanzan dende o goberno. Non é necesario porque tampouco hai ninguén ao outro lado que sexa capaz de articular algo crible. Ninguén advirte que isto é outra cousa, que nada ten que ver cunha crise e que detrás deste pano non hai escenario. Toca reinventar, repensar e abrigo asumir. Toca dicir a verdade sobre o que nos pasará, outros xa o saben e empezan a actuar en consecuencia.
O exemplo máis claro da nula credibilidade da nosa economía foi a caída de demanda sobre a débeda pública doméstica. Nun mes caeu á metade. ¿Saben que significa iso? ¿Sábeno os que a emiten? É sinxelo. Este é un dos exercicios no que o estado español deberá emitir máis débeda que nunca, basicamente para suxeitar eses plans de reactivación da economía que din estar a deseñar. Non obstante esa débeda non está sendo aceptada con gusto polos investidores que xa non teñen nada que investir e os que teñen non se fían un pelo dese Tesouro. A débeda española a 12 meses ule a morto, a desconfianza, a xurro
O modelo económico que se sustenta na débeda cando un estado require fondos de investimento e asumir gastos necesarios e improvisados está ao bordo do Curbeiro. A medida que as contabilidades reflicten a verdade en bancos, caixas, concellos, xestoras, empresas institucionais , merendeiros e chiringuitos de praia, cando xa non se poida enganar coa economía de salón, entón caeranos a última venda, esa que aínda non lles caeu aos que cobran o paro, teñen 15000 euros da liquidación pendente de gastos e a rúa só é un lugar para pasear.
Chegará antes do que pensan todos, e eses “neoricos” do INEM saltarán á rúa a cobrarse o que consideran seu, o ao fin e ao cabo son moitos anos de dicirlles que o estado e quen ten que sacarlles as castañas do fogo, que o estado ten que buscarlles un traballo, darlles unha casa, educar os seus fillos, facerlles carretas e autovías, darlles a mellor sanidade, mentres eles, non todos, e certo toman a cañita e rascan os collóns.
En breve, un millón e medio de parados máis quedarán sen subsidio, sen cobertura e crerán que alguén lles roubou algo. Non pensarán que son parte do problema, que votan, que gastan, que son un puro rebaño. Mentres tanto os informativos, os papeis e as ondas seguirán enchendo minutos coa busca do cadáver dunha nena retransmitida en directo e merdas similares para que ninguén pense no que deberiamos estar a pensar todos. Anestesia social a toneladas. Que fodido é ser ateo, os crentes polo menos poden rezar. 



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



