Nota de Prensa
O Partido Popular de Cervo reclama a execución do último treito desta vía que transcorre desde a Estatua de San Román ata a zona de A Puida, unha estrada moi transitado polas veciñas e veciños destas parroquias cervenses
OS POPULARES EMPRAZAN Á DEPUTACIÓN A INICIAR OS TRABALLOS DE MELLORA DA ESTRADA RUA-BURELA PENDENTES DE EXECUCIÓN DESDE SETEMBRO DE 2006
• O Goberno provincial do PP adxudicou estas actuacións á empresa Cazás S.L. e contemplando un orzamento de execución superior aos 360.000 €.
Cervo, 21 de marzo de 2009.- O Partido Popular de Cervo, a través da súa edil Yolanda Pedreira, vén de emprazar á Deputación provincial de Lugo a que dea inicio aos traballos de mellora da estrada entre a localidade cervense de Rúa e o veciño municipio de Burela, actuación pendente de execución desde setembro de 2006, data na que o anterior Executivo provincial do Partido Popular adxudicou a obra á empresa Cazás S.L. encargada de desenvolver estes traballos.
A edila popular explica que o espazo desta vía que transcorre desde a Estatua de San Román ata a zona de A Puida (Puntos quilométricos 2,60 a 5,40) é o último treito desta estrada que permanece sen amañarse, todo iso, pese a que ser un dos máis transitados polos veciños das parroquias cervenses de Rúa e San Román de Vilastrofe. De feito esta é a estrada máis directa que poden empregar os veciños destas parroquias cervenses para achegarse ata Burela.
Yolanda Pedreira urxe ao actual Executivo provincial a levar adiante os traballos de ensanche e novo pavimentando deste treito e lembra que, segundo o proxecto de actuación aprobado no seu día polo Partido Popular, contemplábanse máis de 360.000 euros de orzamento e un prazo de execución de tres meses.
Segundo os populares cervenses a magnitude da demora acumulada –pois desde setembro de 2006 non se deron comezado estes traballos- así como tamén a deixadez que caracteriza as actuacións da Deputación de Lugo respecto desta estrada –lembremos que permaneceu sen pavimentar e en moi malas condicións para ser transitada por vehículos durante meses, pese as queixas de veciños e do propio Concello- poñen en evidencia que podemos estar ante un novo caso de incapacidade e pereza do Goberno provincial e, polo tanto reclama, en nome propio e dos veciños, que se aceleren estas actuacións. “Tendo en conta o tempo pasado, xa non hai escusas que vaian” – conclúe Pedreira Cruz.



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



