O Día da Bicicleta que se celebra este venres incluirá unha xincana e unha carreira de 5 quilómetros
-Todas as persoas que desexen participar só teñen que achegarse á praza dos Campos ás 16:30 horas para realizar a inscrición
Cervo, 18 de xullo de 2012-O Concello de Cervo, a través da súa Delegación de Deportes, convida a todas as persoas, sen límite de idade, a participar no Día da Bicicleta que se vén celebrando nestas datas estivais organizado pola Asociación Cultural Península da Paz coa colaboración do consistorio. O evento lúdico-deportivo terá lugar este venres, día 20 de xullo, a partir das 16:30 horas na praza dos Campos de San Ciprián. Nese momento abrirase a inscrición de todas as persoas participantes, que deberán levar a súa bicicleta e o seu correspondente equipo de protección.
A actividade comezará ás 17:00 horas cunha xincana para os máis pequenos, consistente en diversas probas de habilidade, como carreiras de obstáculos. Ao remate arrincará a marcha en bicicleta con todas as persoas inscritas, que realizarán un percorrido duns 5 quilómetros por varias rúas da vila e zonas urbanas de San Ciprián. Os participantes poderán repoñer forzas cun avituallamento ao finalizar o itinerario. O Día da Bicicleta completarase coa habitual venda de bolos preñados, cuxos fondos recadados destinaranse á continuación das actividades gratuítas que vén desenvolvendo a asociación organizadora.
Esta xornada forma parte das actividades xa habituais dos meses do verán pola súa capacidade de convocatoria “e polo seu obxectivo de fomento da convivencia entre a cidadanía e a deportividade, xa que o importante non é chegar o primeiro, senón gozar da carreira e do seu itinerario ao mesmo tempo que se practica o ciclismo” explica a edil de Deportes, Yolanda Pedreira.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



