O Concello rozará varios treitos de estradas provinciais ante o incumprimento da Deputación coas súas obrigas
-A administración local ten remitido numerosos escritos á Deputación pedíndolle que asuma a súa responsabilidade de manter en bo estado as vías da súa titularidade
Cervo, 26 de xullo de 2012-O Concello de Cervo decidiu realizar traballos de roza e limpeza nalgúns dos treitos máis transitados de estradas de titularidade da Deputación despois de terlle pedido en reiteradas ocasións á administración supramunicipal que asuma as súas obrigas e responsabilidades, como son manter en bo estado as súas vías.
Son moitos os veciños e veciñas que lle trasladaron as súas queixas á administración local. Pola súa parte, o Concello ten remitido numerosos escritos á Deputación explicándolle a preocupación do goberno local pola situación na que se atopan os 49 quilómetros estradas provinciais, “en los que la maleza invade las vías, con lo que el municipio proyecta una imagen deplorable en estos meses de gran afluencia turística”, explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, e ao mesmo tempo nalgunhas das estradas “aumenta la inseguridad y la peligrosidad en la circulación”.
A última das numerosos peticións por escrito enviadas á Deputación tivo resposta recentemente e, nela, a vicepresidenta segunda e concelleira do PSOE en Cervo, Lara Méndez, aseguraba que non era posible realizar máis ca unha campaña de roza anual e, “puesto que la experiencia nos indica que los desbroces realizados en los meses de mayo y junio no suelen aguantar la totalidad del verano, el desbroce de las vías se iniciará a partir del 1 de julio”. Unha resposta que para a edil de Medio Ambiente “es una falta de respeto a los vecinos y vecinas de Cervo y una irresponsabilidad ya que realizar una campaña anual de limpieza es más que ineficaz”.
Ao mesmo tempo, Alonso asegura que o Concello acometerá a roza nalgunhas estradas provinciais en función das súas posibilidades “teniendo en cuenta que tenemos varios medios humanos y técnicos desbrozando carreteras municipales”, unhas tarefas “que el Concello lleva a cabo durante todo el año”.
A delegada de Medio Ambiente quixo pedir “disculpas” á veciñanza, e a turistas e visitantes que participaron na romaría de Sargadelos “por no poder disfrutar de la celebración en perfectas condiciones y con unas carreteras limpias y en buen estado” a causa “de la irresponsabilidad y falta de sensibilidad de la Diputación”.
Dez son as vías da Deputación que existen no municipio cervense, que en total suman unha lonxitude de máis de 49 quilómetros. Trátase das seguintes estradas: De Riocobo ao porto de San Cipián; de Burela, por Vilaestrofe, ata Ferreira; de Riocobo, por Trasbar, ata Vilaestrofe; de Riocobo ás fábricas de Sargadelos; da N642, por Cervo e Sargadelos, á CP 1502; da N642 a Cuíña; da Venta a Lieiro; de Figueirido ao Paraño, en Sargadelos; de Pedrouzo a Castelo, no tramo ata a Senra; e de San Ciprián, por A Marosa, ata Burela
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



