Traballadores da Deputación concéntranse por cuarta vez en contra dos recortes do Goberno Central
– O Secretario do Comité de Empresa adianta que representantes sindicais e membros do Goberno Provincial avaliarán en setembro o Real Decreto Lei para consensuar e adoptar as medidas pertinentes desta normativa na institución luguesa, en contraposición da imposición do Executivo Estatal
– Umberto Paz considerou que “todos os Gobernos, empezando polo de Rajoy” deberían prescindir das pagas extra do Nadal logo de que Besteiro decidise restrinxila, sumándose ós recortes realizados xa hai máis dun ano e supoñendo que as retribucións do Goberno Provincial se rebaixan en máis do 30%
Traballadores da Deputación concentráronse esta mañá diante do Pazo de San Marcos en protesta das últimas medidas do Goberno Central mediante a aprobación do Real Decreto Lei 20/2012, que supón o maior recorte social na historia da democracia. É a cuarta concentración que realizan os empregados do organismo provincial logo de que os 4 sindicatos con representación na institución, (UXT, CC.OO, CIG e CIS-F) acordasen sumar esforzos en contra da supresión da paga extra do Nadal, o aumento das horas de traballo e a mobilidade. Trátanse dos aspectos de dita normativa que atinxen ós traballadores públicos, impostos coa maioría absoluta do Executivo de Rajoy ó non ser consensuados cos afectados. Isto conleva, por exemplo, que, sen poñer pega algunha ou ter en conta a situación familiar, os funcionarios terán que trasladarse a traballar a donde se lles esixa.
En contraposición con estas imposicións, o Secretario do Comité de Empresa da Deputación, así como integrante de UXT, Umberto Paz, avanzou que “estamos convocados para a primeira quincena de setembro co fin de que todos os representantes sindicais e membros do Goberno Provincial avaliemos o Real Decreto Lei e adoptemos as medidas pertinentes”.
Preguntado pola decisión do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, de restrinxir a pagar extra do Nadal ó equipo de Goberno, non por estar de acordo con esta medida nin por obliga porque isto non se contempla na normativa de Rajoy senón en solidariedade cos traballadores públicos, Umberto Paz subliñou que “paréceme moi ben. Isto é o que deberían facer todos os Executivos, empezando polo de Rajoy, e non quitarlle a un traballador 200, 300 euros ou a paga extra porque ó final o perxudicado é o comercio, facendo que a tónica xerar sexa o peche de establecementos. O vindeiro Nadal será moi duro para este sector xa que ós traballadores públicos non nos queda outra que sumarnos ó pelotón dos que non consumen nestas datas”.
Hai que ter en conta que o 27% dos traballadores en activo na provincia son funcionarios polo que, previsiblemente, os comercios lugueses mermarán de xeito considerable os seus beneficios. Ademais, ó respecto do anterior, logo de manter conxelado o seu soldo dende 2007, Besteiro decidiu hai máis dun ano rebaixar as retribucións do Goberno Provincial nun 25% que, xunto ó novo recorte, supón unha rebaixa superior ó 30% na actualidade, facendo, por exemplo, que o de Lugo sexa o Presidente das Deputacións de Galicia que menos cobra.
Proposta ó Pleno
O Goberno provincial, a instancias do Grupo Socialista, levará ó Pleno unha proposta en contra dos novos recortes que vén de aprobar o Executivo Central e que perxudican “gravemente ós traballadores, pensionistas e parados”. O Executivo lugués considera que “non podemos quedarnos quedos ante unhas medidas coas que Rajoy, ó igual que Feijóo e os seus compañeiros de partido, castigan pola crise ós desempregados, ós maiores, e en xeral a todos os cidadáns de a pé, mentres premian ós defraudadores cunha Amnistía Fiscal e non piden nin un mínimo esforzo ás grandes fortunas”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



