FEVE MELLOROU ESTES DÍAS A SEGURIDADE NAS PONTES DOS CASTROS E DE A CASILLA. O CONCELLEIRO DE OBRAS AGARDA QUE EN BREVE SEXAN RETIRADOS OS POSTES DE FORMIGÓN QUE HAI NA ESTACIÓN DE BURELA E QUE LEVAN ANOS INUTILIZADOS.
Burela, 1 de agosto de 2012. Feve mellorou estes días a seguridade nas pontes dos Castros e de A Casilla, segundo ven de anunciar o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.
O edil popular explica que “nos últimos días efectivos de Feve levaron adiante pequenas obras de acondicionamento das medidas de seguridade de dúas pontes moi usadas en Burela. Unha é a ponte que hai na zona dos Castros, que é unha vía de saída do colexio Virxe do Carmen e do barrio dos Castros, e a outra é a antiga ponte da zona de A Casilla, entre a travesía de Arcadio Pardiñas hacia A Marosa”.
Fernández Valle sinala que “tanto nun caso coma no outro as barandillas de seguridade estaban moi deterioradas e o alcalde nunha xuntanza que tivo en Madrid o pasado 11 de xuño co presidente de Feve o que lle plantexou, dentro dun conxunto de melloras, foi a necesidade de mellorar a seguridade desas dúas pontes. O que se acaba de colocar por parte de Feve foron vallas de seguridade dunha altura aproximada duns dous metros, o que favorece o tránsito dos peatóns tanto por unha ponte como pola outra”.
O equipo de goberno entende que “estas actuacións, aínda que non supoñen unha grande inversión, o que sí é certo é que melloran de forma importante a seguridade nesta dúas zonas, sobre todo na ponte dos Castros, xa que é moi empregada polos nenos e polos pais durante o curso escolar”.
O alcalde, José María González Barcia, tamén lle pediu a Feve a realización de pequenas obras de acondiconamento na propia estación de Burela. Manuel Fernández Valle di que “hai algúns elementos que están deteriorados e agardamos que en breve sexan retirados os postes de formigón que levan anos inutilizados e que agora mesmo están fora de uso e supoñen un risco porque poden romper e poden caer sobre calquer peatón. O mellor que se pode facer é retiralos”. O equipo de goberno tamén lle solicitou a Feve o desbroce das márxenes da vía férrea no seu tramo urbano.























A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



