A CARPA INFORMATIVA DE XUVENTUDE DESPRÉGASE HOXE EN CERVO PARA ACHEGAR Á CIDADANÍA OS PROGRAMAS PARA A MOCIDADE DA XUNTA
A iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar instalarase na zona de San Ciprián a partires das 14,00 horas e ata as 17,00 horas
Ademais de información xeral para a mocidade cada semana esta campaña centrará a súa atención nunha temática central
En Cervo xirará en torno aos programas de voluntariado xuvenil e ambiental, xa que son actuacións cada vez máis demandadas polos mozos e mozas
A carpa percorrerá ao longo de todo o verán un total de 33 localidades galegas co obxectivo de fomentar actividades de educación non formal
Cervo (Lugo), 11 de agosto de 2012.- A carpa informativa de Xuventude chega hoxe ao Concello de Cervo. A instalación, na que se promoverán os diferentes programas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, despregarase a partires das 14,00 horas na zona de San Ciprián e estará ata as 17,00 horas.
A carpa ofrece información xeral para a mocidade e cada semana centra a súa atención nunha temática central. En Cervo, xirará en torno aos programas de voluntariado xuvenil e ambiental, xa que son actuacións cada vez máis demandadas polos mozos e mozas, especialmente desde a aprobación da Lei de Acción Voluntaria de Galicia. Esta normativa recoñece, como novidade, e oficializa todas aqueles actuacións voluntarias.
A cidadanía, ademais, poderá ter información sobre a campaña Libre, a liña de axudas para obter o carné de conducir, as prestacións do servizo Quérote +, os diferentes programas de mobilidade e as vantaxes dos diferentes carnés para a mocidade.
A carpa estará ao longo deste verán en 33 localidades galegas. A iniciativa, que comezou este mes de xullo, achegarase en agosto a O Grove, Foz, O Pino, Laracha, Carballiño, Quiroga, Cangas, Trabada, Arteixo, Ponteceso, Xinzo, Valga e Ferrol. En setembro está previsto o seu despregue en Cambre, Pontedeume, Sober, Sobrado, Santiago, Vigo, Lalín e A Coruña.
A iniciativa forma parte dunha novidosa metodoloxía de traballo coa mocidade, que busca a animación e a dinamización como métodos para abordar as oportunidades dos mozos e mozas.
Esta estratexia ponse en marcha para fomentar e promover actividades de educación non formal, para que a xuventude desenvolva todas as súas capacidades de emprender accións de participación social, creatividade, asociacionismo, voluntariado ou empregabilidade.
A carpa estará atendida por dinamizadores xuvenís que, ademais, informarán sobre as accións das diferentes consellerías da Xunta dirixidas directamente á mocidade e que estean recollidas na Estratexia de Xuventude 2013.
————-
A mocidade disporá dunha carpa de información xuvenil no día da Maruxaina
-Permanecerá aberta na praza dos Campos de 14:00 a 17:00 horas
Cervo, 10 de agosto de 2012-O vindeiro sábado, día da Maruxaina, permanecerá instalada na praza dos Campos de San Ciprián unha carpa informativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Nela, técnicos deste departamento, dinamizadores xuvenís, ofrecerán información sobre todos os programas da Xunta de Galicia que están dirixidos e pensados para a mocidade, en especial sobre o voluntariado xuvenil e ambiental.
A carpa estará aberta en horario de 14:00 a 17:00 horas e a ela poderán acudir todas as persoas que estean interesadas en saber máis sobre as distintas iniciativas de voluntariado coas que colaborar con entidades e persoas que necesiten axuda dalgún tipo. A carpa estará centrada nesta temática, pero tamén ofrecerá información xenérica sobre a campaña Libre, que pretende fomentar o consumo responsable de alcohol e do condutor alternativo; as vantaxes dos diferentes carnés para a mocidade; a liña de axudas para obter o carné de conducir; as prestacións do servizo Quérote+ e os diferentes programas de mobilidade.
“Dende o Concello consideramos que a celebración das festas da Maruxaina é unha moi boa oportunidade para a instalación desta carpa xa que se trata dunha celebración que convoca a milleiros de persoas, especialmente mozos e mozas, e deste xeito poderase aproveitar o tirón das festas para facer chegar a información a un maior número de persoas” asegura a edil de Xuventude, Tania González.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



