A OFICINA DE TURISMO DE VIVEIRO RECIBIU MÁIS DE CINCO MIL TURISTAS SÓ NOS PRIMEIROS 9 DÍAS DE AGOSTO. NO MES DE XULLO MÁIS DE 9000 PERSOAS PASARON A RECOLLER INFORMACIÓN NA OFICINA DE TURISMO.
Viveiro, 11 de agosto de 2012. Bernardo Fraga, 1º Tenente de Alcalde e responsable da área de Obras, Cultura e Turismo, e Olaia Casas, Concelleira de Turismo deron a coñecer esta mañá os primeiros datos turísticos do Concello de Viveiro, do mes de xullo, e dos primeiros días do mes de agosto.
Cada día do mes de agosto pasan pola oficina de turismo unha media de 530 turistas a recoller información, o edil nacionalista, valorou moi positivamente os datos do mes de xullo e dos primeiros días de agosto. Bernardo Fraga resaltou “Viveiro é un referente turístico de primeiro nivel, que lle mantén o pulo á crise económica, comparando os dados con anos anteriores, mantense e mellorase o número de turistas que acuden á nosa Cidade”
Tan só durante o mes de xullo, pasaron pola Oficina de Turismo do Concello de Viveiro, un total de 9097 persoas a recibir información, mantendo a Viveiro, como Capital da Mariña Lucense, como referencia en primeiro lugar no número de visitantes recibidos.
Bernardo Fraga engadiu “Os dados de agosto, con máis de 500 persoas diarias, reflexan o que se percibe nas rúas de Viveiro, cos hoteis rondando a ocupación do 100% nesta primeira quincena do mes, un pobo cheo de visitantes, que disfrutan das nosas praias, paraxes naturáis, do sector servizos, do comercio e da hostelería do noso Concello, ademáis de participar nas numerosas actividades que organiza o Concello de Viveiro, con motivo das Festas de Agosto”
Olaia Casas, Concelleira de Turismo resaltou “a nova información turística do Concello de Viveiro, da que se editaron un total de 20.000 exemplares en tres idiomas, está sendo un verdadeiro éxito, e a totalidade dos turistas que pasan pola oficina de turismo, destacan a alta calidade da información que se lles ofrece, así como a calidade da información e o trato amable, que reciben por parte do persoal do Concello que alí traballa”
Atentamente:






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



